| |
-
Descrición: A presente
convocatoria de propostas baséase na Decisión nº
1855/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro
de 2006, pola que se establece o Programa Cultura (2007-2013).
-
Obxectivos:
O obxectivo do Programa Cultura consiste en impulsar
un espazo cultural compartido polos europeos e baseado nunha herdanza
cultural común, mediante o desenvolvemento de accións
de cooperación entre operadores culturais dos países
participantes, co fin de favorecer o xurdimento dunha cidadanía
europea.
O Programa ten tres obxectivos específicos:
— promover a mobilidade transnacional das persoas que traballan no sector cultural,
— fomentar a circulación transnacional de obras e produtos artísticos e culturais,
— favorecer o diálogo intercultural.
A presente convocatoria cobre os seguintes capítulos do Programa Cultura:
1. Apoio a accións de cooperación cultural
1.1: Proxectos plurianuais de cooperación
1.2.1: Proxectos de cooperación
1.3.5: Accións especiais de cooperación con países terceiros
2. Accións de tradución literaria
3. Subvención aos festivais culturais europeos
4. Apoio a organismos activos a escala europea no ámbito cultural
5. Proxectos de cooperación entre organismos participantes na análise das políticas culturais
-
Solicitantes:O Programa está aberto á participación de todas as categorías de actores culturais, a condición de que as organizacións concernidas exerzan as actividades culturais sen ánimo de lucro. As empresas e actividades culturais do sector audiovisual (incluídos os festivais de cinema), xa cubertos polo Programa MEDIA, non poderán presentarse ao Programa Cultura. No entanto, os organismos cuxa actividade principal teña lugar no sector audiovisual e que exerzan esta actividade sen ánimo de lucro poderán presentarse en virtude do capítulo 2 do Programa Cultura, categoría «Redes», dado que non existe unha axuda comparable no marco do Programa MEDIA.
Os candidatos deberán:
— ser organismos públicos ou privados que teñan personalidade xurídica e cuxa actividade principal estea situada no ámbito da cultura (sector cultural e sector da creación), e
— ter a súa sede social nun dos países seleccionables.
As persoas físicas non poderán solicitar unha subvención
con cargo a este programa.
Os países participantes neste programa son:
— os Estados membros da UE ,
— os Estados membros do EEE (Islandia, Liechtenstein, Noruega),
— Croacia, antiga República Iugoslava de Macedonia e Turquía, Serbia, Montenegro e Bosnia-Herzegovina.
Albania podería ser admisible a condición de que asine un Memorando de Entendemento relativo á participación deste país no Programa.
-
Financiamento: O orzamento total do Programa é de 400 millóns de EUR para o período 2007-2013. As asignacións anuais, incluídas as asignacións para accións que non forman parte da Guía do Programa, poderán estar comprendidas entre aproximadamente 43 millóns de EUR e aproximadamente 58 millóns de EUR, dependendo do exercicio.
!Aviso erro!:Foi actualizada a acción 3.2. Os erros refírense á contía máxima da axuda que concede a EC (60% en lugar de 50%, tal e como establecían os documentos anteriores), así como unha incoherencia entre a versión Excel do orzamento e a sección C9 do formulario.
-
Prazo: Consultar convocatoria.
-
Lugar de presentación de
solicitudes:
Existen dous procedementos distintos para a presentación
de solicitudes para o Programa de Cutlure:
- Presentación en liña mediante un formulario electrónico
(capítulos 1.1, 1.2.1, 1.2.2, 1.3.5, 2) acompañado
da presentación do traballo enviados por correo.
- Presentación enviada por correo (só capítulo 1.3.6, 3.2).
Para obter máis información sobre o lugar de presentación
de solicitudes consulte o portal da Axencia
Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural.
-
-
- Xornada informativa: Xornada informativa sobre as accións 1.3.6 e 3.2 terá lugar en Madrid o 14 de setembro.
-
-
-
Documento oficial de publicación:
DO C 247/04 do 25.08.2011
- Páxina
principal no servidor Europa
- Programa vinculado á convocatoria: Cultura
|