| |
-
Descrición
e obxectivos: A presente convocatoria de propostas baséase
na Decisión nº 1718/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do
15 de novembro de 2006, relativa á aplicación dun programa de apoio
ao sector audiovisual europeo (MEDIA 2007). Entre as medidas previstas
na citada decisión figura o desenvolvemento de proxectos de produción.
O apoio ten por obxecto facilitar o acceso das empresas de produción
europeas ao financiamento concedido polos bancos e as institucións
financeiras, mediante o cofinanciamento dunha parte do custo das partidas
seguintes:
-
Candidatos
admisibles: O presente anuncio está destinado ás empresas europeas
cuxas actividades contribúen á realización dos obxectivos mencionados,
en particular ás empresas de produción audiovisual independentes.
Os candidatos deben estar establecidos nun dos países seguintes:
-
os 27 países da Unión Europea,
-
os países da AELC,
-
os países que cumpran as condicións
estipuladas no artigo 8 da Decisión nº 1718/2006/CE, incluída
Suíza e Croacia
- Accións subvencionables:
A obra audiovisual proposta:
- debe ser unha obra de ficción, animación ou un documental creativo
e debe estar producida maioritariamente por empresas establecidas
nun dos países que participan no Programa MEDIA,
- na súa produción, debe participar un número significativo de
profesionais nacionais dos Estados que participan no Programa MEDIA
ou residentes neles.
A duración máxima dos proxectos é de 30 meses.
A presente convocatoria de propostas aplícase unicamente aos proxectos
que comecen entre o 1.7.2009 e o 7.7.2010.
- Financiamento:
O orzamento total estimado destinado ao cofinaciamento de proxectos
ascende a 3 millóns de EUR. A contribución financeira non poderá superar
o 50% - (60%) dos custos subvencionables. O importe da axuda oscila
entre 5 000 e 50 000 EUR. O importe máximo da axuda será de 50 000 EUR
por proxecto.
- Prazo de presentación de solicitudes:
As datas límite para a presentación das candidaturas serán as seguintes:
- 5 de febreiro de 2010 para os proxectos que se inicien
entre o 1 de xullo de 2009 e o 5 de febreiro de 2010.
- 7 de xullo de 2010 para os proxectos que se inicien entre
o 1 de xaneiro de 2010 e o 7 de xullo de 2010.
- Lugar de presentación de solicitudes:
|
Education Audiovisual and Culture Executive Agency
Call for Proposals EACEA/17/09
Mr. Constantin Daskalakis
BOUR 3/30 Avenue du Bourget 1 1140 Bruxelles/Brussel BELGIQUE/BELGIË
|
Só se aceptarán as solicitudes presentadas no formulario apropiado,
debidamente cubertas, datadas e asinadas pola persoa capacitada para
subscribir compromisos xuridicamente vinculantes en nome do organismo
solicitante.
Non se aceptarán as solicitudes presentadas por fax ou correo electrónico.
|