Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
CONVOCATORIA DE PROPOSTAS — EACEA/35/11 MEDIA 2007 — Promoción/Acceso ao mercado

  • Descrición: A presente convocatoria de propostas baséase na Decisión nº 1718/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de novembro de 2006, relativa á aplicación dun programa de apoio ao sector audiovisual europeo (MEDIA 2007).
  • Obxectivos:
    Os obxectivos desta convocatoria de propostas son facilitar e impulsar a promoción e a circulación de obras audiovisuais e cinematográficas europeas no marco de eventos comerciais, de mercados profesionais e de festivais audiovisuais en Europa e no mundo, a condición de que, estes eventos poidan desempeñar un papel importante na promoción de obras europeas e na creación de redes de profesionais. Tamén impulsar a creación de redes de operadores europeos, apoiando accións comúns, levadas a cabo no mercado europeo e internacional, por organismos nacionais de promoción, públicos ou privados.
  • Solicitantes: Esta convocatoria está aberta á participación de calquera persoa xurídica pública ou privada, establecida nun dos 27 Estados membros da UE, os tres países AELC/EEE ((Islandia, Liechtenstein e Noruega) e Croacia.

    Solicitantes establecidos nos países candidatos poderán tamén participar se eses países asinaron un Memorando de Entendemento coa Comisión no ámbito da protección civil e contribúen ao financiamento do orzamento da Comisión para a protección civil.

    Nos demais casos (os países candidatos que non cumpran o mencionado criterio e terceiros países que non teñen "estatuto de país candidato»), a participación nesta convocatoria é posible cando os acordos entre estes países e a UE así o permitan.
  • Financiamento: O orzamento total estimado destinado ao cofinanciamento de proxectos ascende a 2 000 000 EUR (a reserva da adopción do orzamento do ano 2012).

    A axuda financeira non pode exceder o 50 % dos custos totais da acción. A axencia resérvase a posibilidade de non asignar todos os fondos dispoñibles.
  • Prazo: 22 de decembro de 2011 para as actividades que comezan entre o 1 de xuño de 2012 e o 31 de decembro de 2012.
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal ou por servizo de mensaxería
    Axencia Executiva no Ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA)
    Unit Programme MEDIA — P8
    Call for proposals EACEA/35/11 Promotion/Access to Markets
    Mr Constantin DASKALAKIS
    BOUR 3/30
    Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
    1049 Bruxelles/Brussel
    BELGIQUE/BELGIË


    Non se aceptarán as solicitudes presentadas por fax ou correo electrónico

  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a EACEA-P8-EXPERTS@ec.europa.eu
  • Punto de información nacional : www.mediaeusk.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 322/04 do 05.11.2011
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Media 2007