| |
-
Descrición: A presente convocatoria
de propostas baséase na Decisión nº 1718/2006/CE do Parlamento
Europeo e do Consello, do 15 de novembro de 2006, relativa á aplicación
dun programa de apoio ao sector audiovisual europeo (MEDIA 2007). -
Obxectivos: Esta convocatoria ten
por obxecto o desenvolvemento de proxectos de produción.
Particularmente o apoio ten por obxecto facilitar o acceso das empresas
de produción europeas ao financiamento concedido polas institucións
de crédito e as institucións financeiras mediante o cofinanciamento
dunha parte do custo das partidas seguintes: - seguros para producións
audiovisuais: Módulo 1 — Intervención na partida «Seguro»
dun orzamento de produción, - garantía de bo fin para
a produción dunha obra audiovisual: Módulo 2 — Intervención
na partida «Garantía de bo fin» dun orzamento de produción,
- crédito financeiro para a produción dunha obra audiovisual:
Módulo 3 — Intervención nos partida «Gastos financeiros»
dun orzamento de produción. -
Solicitantes:
O presente anuncio está destinado ás empresas europeas cuxas actividades
contribúen á realización dos obxectivos mencionados, en particular
ás empresas de produción audiovisual independentes. Os candidatos
deben estar establecidos nun dos países seguintes: —
os 27 países da Unión Europea, — os países da
EEE, — Suíza e Croacia. -
Financiamento:
O orzamento total estimado destinado ao cofinanciamento de proxectos ascende a
3 millóns de EUR. A contribución financeira non
poderá superar o 50 %-60 % dos custos subvencionables. O
importe da axuda oscila entre 5 000 e 50 000 EUR. O importe máximo da axuda
será de 50 000 EUR por proxecto. -
Prazo:As datas límite para a presentación
das candidaturas serán as seguintes: — o 6 de
xaneiro de 2012, para os proxectos que se inicien, como moi pronto, o
1 de xullo de 2011, — o 6 de xuño de 2012,
para os proxectos que se inicien, como moi pronto, o 1 de decembro de 2011.
-
Lugar de presentación de
solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos
a: | Enderezo para
o envío postal ou por servizo de mensaxería Education,
Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA) Call for Proposals EACEA/24/11
Mr Constantin DASKALAKIS BOUR 3/30 Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel BELGIQUE/BELGIË |
| Non se aceptarán
as solicitudes presentadas por fax ou correo electrónico |
-
-
- Punto de información nacional
: www.mediaeusk.eu
-
Documento oficial de publicación:
DO
C 321/08 do 04.11.2011 - Páxina principal
no servidor Europa
- Programa vinculado á convocatoria:
Media
2007
|