| |
-
Descrición:
Convocatoria de propostas baseadas na Decisión
nº 1718/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de
novembro de 2006, relativa á aplicación dun programa
de apoio ao sector audiovisual europeo (MEDIA 2007).
-
Obxectivos:
Favorecer e promover unha maior distribución
transnacional de películas europeas recentes, mediante a
atribución de fondos a distribuidores segundo o seu rendemento
no mercado, para o reinvestimento en novas películas europeas
non nacionais.
Outro obxectivo sería fomentar o desenvolvemento de vínculos
entre os sectores de produción e distribución, mellorando
así a cota de mercado das películas europeas e a competitividade
das empresas europeas.
-
Candidatos
admisibles: Empresas europeas especializadas
na distribución cinematográfica de obras europeas, e
cuxas actividades contribúen a conseguir os obxectivos anteriormente
mencionados do programa MEDIA tal e como se describen na Decisión
do Consello. Os candidatos deberán estar establecidos en:
un dos 27 países da Unión Europea;
un dos países da AELC;
Suíza e Croacia.
-
Accións subvencionables:
O sistema de apoio «automático»
funciona en dúas fases:
creación dun fondo potencial, proporcional ao número
de entradas vendidas para películas europeas non nacionais,
nos Estados que participan no programa, ata un límite máximo
fixo por películas e que se axustará por país,
reinvestimento: o fondo así xerado por cada empresa deberá
reinvestirse antes do 1 de outubro de 2011 en 3 módulos (3
tipos de acción):
1) a coprodución de películas europeas non nacionais;
2) a adquisición de dereitos de distribución, por exemplo
mediante mínimos garantidos, de películas europeas non
nacionais: e / ou
3) gastos de edición (realización de copias, dobraxe
e subtitulado), de promoción e de publicidade de películas
europeas non nacionais.
Accións tipo 1 e 2:
A duración máxima das accións será de
30 meses.
As accións deberán comezar o 1 de agosto de 2010 e concluír
o 1 de febreiro de 2013.
Acción tipo 3:
A duración máxima das accións será de
42 meses.
As accións deberán comezar o 1 de febreiro de 2010 e
concluír o 1 de agosto de 2013.
-
Financiamento: O
orzamento total dispoñible é de 18 150 000 EUR.
A contribución económica da Comisión non poderá
superar o 40%, 50% ou 60% dos custos totais admisibles.
- Prazo de presentación de solicitudes:
-Fase de xeración: 30 abril 2010
-Fase de reinvestimento: 1 outubro 2011
- Lugar de presentación de solicitudes:
|
Education, Audiovisual and Culture Executive Agency
(EACEA)
Constantin Daskalakis
BOUR 3/66
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
|
Só se aceptarán as
solicitudes presentadas que utilicen o formulario de solicitude oficial,
debidamente asinadas pola persoa capacitada para subscribir compromisos
xuridicamente vinculantes en nome da organización solicitante.
No sobre deberase indicar claramente:
MEDIA 2007 ; DISTRIBUTION EACEA/03/10 AUTOMATIC CINEMA
Non se aceptarán as solicitudes presentadas por fax ou correo
electrónico
- Centro de información comunitario:
- Centro de información nacional: MEDIA
DESK
- Documento oficial de publicación: DO
C 38/4 do 16.2.2010
- Guía
do candidato.
- Formulario
de solicitude e documentación útil.
|