Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
IPE.Axudas
CONVOCATORIA DE PROPOSTAS - Convocatoria de manifestacións de interese EACEA/07 para a constitución dunha listaxe de expertos encargados de asistir á Axencia executiva no ámbito educativo, audiovisual e cultural no marco da xestión dos programas comunitarios que lle foron atribuídos en materia da educación, o sector audiovisual, a cultura, a mocidade e a cidadanía




  • Ámbitos de actuación: A Axencia publica unha convocatoria de manifestacións de interese coa fin de recibir candidaturas e constituír unha listaxe de expertos encargados de prestar asistencia á Axencia na execución das seguintes tarefas:
    a) avaliación das propostas recibidas no marco das convocatorias de propostas;
    b) avaliación e seguimento dos proxectos:
    — avaliación dos informes de proxecto,
    — avaliación dos produtos e resultados dos proxectos,
    — supervisión dos proxectos e visitas sobre o terreo,
    — calquera outra tarefa vinculada á análise e/ou o seguimento dos proxectos;
    c) estudos e/ou análise específicos ligados aos ámbitos de actividade.
    Os expertos terán a misión de asistir á Axencia ou, eventualmente, á Comisión, na execución das citadas tarefas, remitíndose para iso aos obxectivos dos programas, ás prioridades e criterios definidos nas convocatorias de propostas, así como ás guías e manuais que se poñan a disposición dos candidatos.

  • Programa e obxeto:
    1-Educación e formación profesional
    2- Cultura
    3- Mocidade
    4- Cidadanía
    5- Sector audiovisual
    6- Programas próximos á súa conclusión

  • Beneficiarios: Os candidatos deberán presentar a súa candidatura a través do formulario en liña e conforme ás instrucións dispoñibles na páxina web da Axencia.
    A través do formulario de candidatura, os candidatos deberán demostrar que posúen as competen- cias e a experiencia profesional esixidas en relación cos obxectivos do/dos programa(s) para o/os que presentan a súa candidatura.
    O formulario de candidatura para os 6 apartados do programa, están dispoñibles no texto completo desta copnvocatoria.
    O formulario de candidatura en liña, a data de peche da convocatoria, así como as modalidades de presentación das candidaturas atópanse dispoñibles na seguinte dirección:


    http://eacea.ec.europa.eu/index.htm