| |
-
Descrición: O obxectivo global
do Programa será apoiar a modernización do ensino superior nos países
socios da contorna da Unión Europea, promovinedo a cooperación institucional
centrándose na reforma e a modernización dos sistemas de ensino
superior e contribuíndo á creación dun marco de cooperación
no ámbito do ensino superior entre a UE e os países asociados da
súa contorna inmediata. -
Obxectivos:
O obxectivo desta convocatoria de propostas consiste en promover
a cooperación multilateral entre institucións, autoridades e organizacións
de educación superior dos Estados membros da UE e dos países socios
e céntrase na reforma e a modernización da educación superior. -
Solicitantes: Os solicitantes deberán
ser persoas xurídicas («entidades xurídicas») establecidas
legalmente durante máis de cinco anos na UE ou nos países socios
de Tempus. Os solicitantes de Proxectos conxuntos deberán ser institucións
de educación superior recoñecidas polo Estado, públicas ou
privadas, asociacións, organizacións ou redes de institucións
de educación superior dedicadas á promoción, mellora e reforma
da educación superior. Os solicitantes de Medidas estruturais deberán
ser persoas xurídicas tal e como se estipula anteriormente para os proxectos
conxuntos, ou organizacións nacionais ou internacionais de reitores, profesores
ou estudantes. No programa Tempus poden participar unha gran variedade
de institucións e organizacións, desde institucións e organizacións
de ensino superior a institucións e organizacións non académicas,
como organizacións non gobernamentais, empresas, industrias e autoridades
públicas. Estas institucións e organizacións deberán
ter a súa sede nun dos seguintes grupos de países admisibles:
— os vinte e sete Estados membros da Unión Europea,
— catro países da rexión dos Balcáns Occidentais: Albania,
Bosnia e Herzegovina, Montenegro, Serbia así como Kósovo ( 1 ),
— dezasete países das zonas de veciñanza meridional
e oriental da Unión Europea: Alxeria, Exipto, Israel, Xordania, Líbano,
Libia, Marrocos, territorios palestinos, Siria, Tunisia, Armenia, Acerbaixán,
Bielorrusia, Xeorxia, Moldavia, a Federación de Rusia e Ucraína,
— cinco Repúblicas de Asia Central: Kazajstán, Kirguizistán,
Tadxiquistán, Turkmenistán e Usbequistán. -
Financiamento: A dotación que a
título indicativo se concederá para o cofinanciamento dos proxectos
contemplados na presente convocatoria ascende a 78,1 millóns EUR.
A axuda financeira da Unión Europea non poderá exceder do 90 % do
total dos custos admisibles. Necesitarase un cofinanciamento dun mínimo
do 10 % do custo total admisible. A subvención mínima tanto para
os proxectos conxuntos como para as medidas estruturais será de
500.000 EUR. A subvención máxima será de 1.500.000
EUR. Para os proxectos nacionais, no caso de Kósovo e Montenegro,
a subvención mínima para ambos os dous tipos de proxectos fíxase
en 300.000 EUR. -
Prazo:
23 de febreiro de 2012 (12:00 hora local de Bruxelas). -
Lugar de presentación de solicitudes:
As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:
| Enderezo para o envío postal
ou por servizo de mensaxería Education, Audiovisual and
Culture Executive Agency Tempus & Bilateral Cooperation with Industrialised
Countries Call for proposals — EACEA/25/11 Office: BOUR 2/17
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1 1140 Bruxelles/Brussel BELGIQUE/BELGIË |
Nno se aceptarán as solicitudes enviadas por fax
ou por correo electrónico. -
-
-
- Formularios
de solicitude
-
Documento oficial de
publicación:
DO C 321/09 do 04.11.2011 - Outros
documentos relacionados coa convocatoria
- Páxina
principal no servidor Europa
- Programa vinculado á
convocatoria: Programa
Tempus IV
|