Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
ED A Coruña. Axudas
Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente

 
 
  • Base legal:
    • Decisión No 1720/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de novembro de 2006 pola que se estabelece un programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente (DO L 327/45 do 24.11.2006)

  • Período de vixencia: 01.01.2007 - 31.12.2013

  • Descrición e obxectivos: O obxectivo xeral do programa de aprendizaje permanente é contribuír, mediante a aprendizaxe permanente, ao desenvolvemento da Comunidade como sociedade do coñecemento avanzada, cun crecemento económico sostíbel, máis e mellores postos de traballo e unha maior cohesión social, garantindo ao mesmo tempo unha boa protección do medio ambiente en beneficio das xeracións futuras. En particular, pretende estimular o intercambio, a cooperación e a mobilidade entre os sistemas de educación e formación dentro da Comunidade, de modo que se convertan nunha referencia de calidade mundial.

  • Eidos de actuación:
    • Os subprogramas sectoriais serán os seguintes:
      • o programa Comenius, que atenderá ás necesidades do ensino e aprendizaxe de todos os participantes na educación preescolar e escolar, ata o final do segundo ciclo de educación secundaria, así como dos centros e organizacións que imparten esa educación;
      • o programa Erasmus, que atenderá as necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes na educación superior formal e na educación e formación profesional de nivel terciario, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación e incluídos os estudos de doutoramento, así como dos centros e organizacións que imparten ou facilitan esa educación e formación;
      • o programa Leonardo da Vinci, que atenderá as necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes na educación e formación profesional, excluída a de nivel terciario, así como dos centros e organizacións que imparten ou facilitan esa educación e formación;
      • o programa Grundtvig, que atenderá as necesidades de ensino e aprendizaxe dos participantes en todas as formas de educación de adultos, así como dos centros e organizacións que imparten ou facilitan esa educación.
    • O programa transversal abranguerá as catro actividades clave seguintes:
      • cooperación política e innovación en materia de aprendizaxe permanente;
      • fomento da aprendizaxe de linguas;
      • desenvolvemento de contidos, servizos, pedagoxías e prácticas innovadores e baseados nas TIC, no ámbito da aprendizaxe permanente;
      • difusión e aproveitamento dos resultados de actividades subvencionadas ao abeiro do programa e de anteriores programas afíns, así como intercambio de boas prácticas.
    • O programa Jean Monnet prestará apoio a centros e actividades no ámbito da integración europea. Abranguerá as tres actividades clave seguintes:
      • a Acción Jean Monnet;
      • as subvencións de funcionamento para apoiar a centros específicos que traten temas relacionados coa integración europea;
      • as subvencións de funcionamento para apoiar a outros centros e asociacións europeos nos ámbitos da educación e a formación.

  • Accións: O programa de aprendizaxe permanente incluirá axudas para as seguintes accións:
    • Mobilidade das persoas que participan na aprendizaxe permanente.
    • Asociacións bilaterais e multilaterais.
    • Proxectos multilaterais.
    • Proxectos unilaterais e nacionais.
    • Proxectos e redes multilaterais.
    • Observación e análise de políticas e sistemas en o ámbito da aprendizaxe permanente.
    • Subvencións de funcionamento para sufragar determinados custos de funcionamento e administrativos.
    • Outras iniciativas destinadas a fomentar os obxectivos do programa de aprendizaxe permanente.

  • Beneficiarios:
    • O programa de aprendizaxe permanente irá dirixido a:
      • alumnos, estudantes, persoas en formación e estudantes adultos;
      • profesores, formadores e persoal doutro tipo que participen en calquera aspecto da aprendizaxe permanente;
      • persoas presentes no mercado de traballo;
      • centros ou organizacións que ofrezan posibilidades de aprendizaxe no contexto do programa de aprendizaxe permanente ou nos límites dos seus subprogramas;
      • persoas e organismos responsábeis de sistemas e políticas que traten calquera aspecto da aprendizaxe permanente no eido local, rexional e nacional;
      • empresas, interlocutores sociais e as súas organizacións a todos os niveis, incluídas as organizacións profesionais e as cámaras de comercio e industria;
      • organismos que presten servizos de orientación, asesoramento e información relacionados con calquera aspecto da aprendizaxe permanente;
      • asociacións activas no ámbito da aprendizaxe permanente, incluídas as de estudantes, persoas en formación, alumnos, profesores, pais e estudantes adultos;
      • centros de investigación e organismos que traballen sobre aspectos da aprendizaxe permanente;
      • asociacións sen ánimo de lucro, organismos de voluntariado e organizacións non gobernamentais (ONG).

    • O programa de aprendizaxe permanente estará aberto á participación de:
      • os países da AELC que sexan membros do EEE, de conformidade coas condicións estabelecidas no Acordo sobre o EEE;
      • os países candidatos que se acollan a unha estratexia de preadhesión, conforme aos principios xerais e os termos e condicións xerais estabelecidos nos Acordos marco celebrados con ditos países para a súa participación nos programas comunitarios;
      • os países dos Balcáns Occidentais, conforme ás disposicións que se adopten con eles tras a celebración de acordos marco sobre a súa participación en programas comunitarios;
      • a Confederación Suíza, sobre a base dun acordo bilateral que debe celebrarse con este país.
      • A actividade 1 do programa Jean Monnet estará tamén aberta aos centros de ensino superior de calquera outro terceiro país.

  • Orzamento: 6.970 millóns de euros.
    Os importes mínimos que se lles asignarán aos subprogramas sectoriais serán os seguintes:
    • Comenius 13 %,
    • Erasmus 40 %,
    • Leonardo da Vinci 25 %,
    • Grundtvig 4 %.

  • Centros de información:

    GRUNDTVIG
    Nivel estatal
    Tel: 91 506 56 45
    Página web: www.mec.es/programas-europeos
    Nivel autonómico
    Unidade de Programas Europeos
    Tel: 981 54 65 45
    E-mail: programaseuropeos@xunta.es
    Página web: www.edu.xunta.es


    COMENIUS
    Nivel estatal
    Tel: 91 506 56 85
    Fax: 91 506 56 89
    E-mail: a.socrates@edu.mec.es
    Página web: www.mec.es/programas-europeos
    Nivel autonómico
    Unidade de Programas Europeos
    Tel: 981 54 65 45
    E-mail: programaseuropeos@xunta.es
    Página web: www.edu.xunta.es


    ERASMUS

    Nivel comunitario
    E-mail: eacea-info@ec.europa.eu
    Nivel estatal
    Tel: 91 453 98 11
    E-mail: erasmus@mec.es
    Página web: www.mec.es/programas-europeos
    Nivel autonómico
    Unidade de programas Europeos
    Tel: 981 54 65 45
    E-mail: programaseuropeos@xunta.es
    Página web: www.edu.xunta.es
    Oficina de Relaciones Internacionales de la UDC
    Tel: 981 167 000
    Fax: 981 167 013
    E-mail: rrii@udc.es

    Oficina de Relaciones Exteriores de la USC
    Tel: 981 563 100 (ext. 12847)
    Fax: 981 578 017
    E-mail: ore@usc.es

    Oficina de Relaciones Internacionales de la Universidad de Vigo
    Tel.: 986 813 550
    Fax: 986 813 819


    LEONARDO DA VINCI
    Nivel comunitario
    E-mail: EACEA-Leonardo-da-Vinci@ec.europa.eu
    Nivel estatal
    Tel: 91 745 94 15
    Fax: 91 745 94 24
    E-mail: agencia.leonardo@mec.es
    Página web: www.mec.es/educa/leonardo
    Nivel autonómico
    Unidade de Programas Europeos
    Tel: 981 54 65 45
    E-mail: programaseuropeos@xunta.es
    Página web: www.edu.xunta.es


  • Páxina principal no servidor Europa

  • Convocatorias anteriores:
    • CONVOCATORIA DE PROPOSTAS ESPECÍFICA Carta Universitaria Erasmus 2013
      Convocatoria pública de propostas — ReferNet — Rede Europea en materia de Educación e Formación Profesional (EFP) de Cedefop (GP/RPA/ReferNet-FPA/002/11).
    • Covocatoria de propostas — Programa Jean Monnet — Apoio ás asociacións europeas que operan a escala europea no ámbito da integración europea, a educación e a formación (EACEA/26/11)
    • Convocatoria de propostas 2011 - EAC/49/10 Programa de Aprendizaxe Permanente (LLP) (EAC/49/10)
    • Convocatoria de propostas — No marco do Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP) que promove a Integración da Poboación Romaní en e a través da Educación (EACEA/16/11)
    • Convocatoria de Propostas - Rede da política europea sobre a educación dos nenos e mozos de orixe inmigrante (EAC/01/11)
    • Convocatoria de propostas — Rede da política europea sobre as competencias crave no ensino escolar - 2011 (EAC/13/11)
    • Convocatoria de Propostas - Actividade crave 1 - Actividades de información e investigación para «Coñecer a UE na escola» (EACEA/18/11)
    • Convocatoria de Propostas - Asistencia para a cooperación en Europa en materia de educación e formación (EACEA/15/11)
    • Convocatoria de Propostas Específica — Carta Universitaria Erasmus 2012 (EAC/16/11)
    • Convocatoria de proposta general - EAC/41/09. Programa de Aprendizaxe Permanente (EAC/41/09)
    • Convocatoria de propostas específica do Programa de aprendizaxe permanente - Carta Universitaria Erasmus 2011 (EACEA/19/10)
    • Convocatoria do programa de aprendizaxe permanente: Concesión de subvencións a accións destinadas a desenvolver e probar o marco europeo de titulacións (MET), incluídos os marcos de titulacións nacionais e sectoriais (DX EAC/20/07)
    • Convocatoria: Programa no eido da aprendizaxe permanente (DG EAC/61/06)
    • Convocatoria: Programa no eido da aprendizaxe permanente (DG EAC 31/08)
    • Convocatoria de propostas do Programa de Aprendizaxe Permanente - Programa Leonardo da Vinci. (EACEA/09/10)
    • Convocatoria de propostas do Programa de Aprendizaxe Permanente - Programa Leonardo da Vinci. (EACEA/08/10)
    • Convocatoria de propostas do Programa de Aprendizaxe Permanente. Asistencia para a cooperación en Europa en materia de educación e formación (EACEA/10/10)
    • Convocatoria de propostas no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente - Apoio a dous concursos destinados a promover a aprendizaxe de idiomas a través de producións audiovisuais breves (EAC/10/10)
    • Programa de Aprendizaxe Permanente - Convocatoria de propostas específica - Mobilidade individual de alumnos Comenius (DG EAC/38/2010)

  • Axudas complementarias:
    • Orde do 28 de setembro de 2007 pola que se convocan axudas económicas para alumnos e profesores de centros docentes que participen en actividades desenvolvidas ao abeiro de proxectos aprobados no marco da iniciativa comunitaria Programa de Aprendizaxe Permanente