| |
*Adenda á convocatoria Programa de Aprendizaxe Permanente 2012*
-
Descrición: A presente
convocatoria de propostas baséase na Decisión pola
que se establece o Programa de Aprendizaxe Permanente, adoptada
polo Parlamento Europeo e o Consello o 15 de novembro de 2006 (Decisión
nº 1720/2006/CE).
-
Obxectivos:
O obxectivo xeral do programa é «contribuír,
mediante a aprendizaxe permanente, ao desenvolvemento da Comunidade
como sociedade do coñecemento avanzada, cun crecemento económico
sustentable, máis e mellores postos de traballo e unha maior
cohesión social, garantindo ao mesmo tempo unha boa protección
do medio en beneficio das xeracións futuras». En particular,
pretende fomentar o intercambio, a cooperación e a mobilidade
entre os sistemas de educación e formación da Unión
Europea, para que se convertan nunha referencia de calidade mundial.
-
Solicitantes:O Programa de Aprendizaxe Permanente está dirixido practicamente a calquera persoa ou organización implicada na educación ou a formación:
- Alumnos, estudantes, persoas en formación e estudantes adultos.
- Profesores, formadores e persoal doutro tipo que participe en calquera aspecto da aprendizaxe ao longo da vida.
- Persoas no mercado laboral.
- Centros ou organizacións que ofrezan posibilidades de aprendizaxe en calquera área de educación ou formación.
- Persoas e organismos responsables de sistemas e políticas que traten calquera aspecto da aprendizaxe permanente a nivel local, rexional e nacional.
- Empresas, interlocutores sociais e as súas organizacións a todos os niveis, incluídas as organizacións empresariais, profesionais e as cámaras de comercio e industria.
- Organismos que presten servizos de orientación, asesoramento e información relacionados con calquera aspecto da aprendizaxe permanente.
-Asociacións activas no ámbito da aprendizaxe permanente, incluídas as de estudantes, persoas en formación, alumnos, profesores, pais e estudantes adultos.
-Centros de investigación e organismos que traballen en educación
e formación -Asociacións sen ánimo de lucro,
organismos de voluntariado e organizacións non gobernamentais
(ONG).
Os solicitantes deberán estar establecidos nun dos países seguintes:
— os vinte e sete Estados membros da Unión Europea,
— os países da AELC e do EEE: Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza,
— os países candidatos: Croacia e Turquía.
-
Financiamento: O orzamento total destinado a esta convocatoria estímase en 1 140 millóns EUR.
-
Prazo: Consultar convocatoria.
-
Lugar de presentación de
solicitudes: Depende do subprograma. Consultar convocatoria.
-
-
Punto de información comunitario:
Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico
a eacea-info@ec.europa.eu
-
-
Formularios de solicitude: Depende do subprograma.
- Para asociacións, mobilidade individual e outras accións consulte OAPEE.
- Para proxectos multilaterais e redes, observación e análise, subvencións de funcionamento, proxectos unilaterais e nacionais e medidas de acompañamento consulte EACEA.
-
Documento oficial de publicación:
DO C 233/06 do 09.08.2011
- Adenda á convocatoria Programa de Aprendizaxe Permanente 2012
- Outros documentos relacionados coa convocatoria
- Páxina
principal no servidor Europa
- Programa vinculado á convocatoria: Aprendizaxe permanente
|