Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
EACEA/38/11: Convocatoria de propostas 2011 para proxectos de mobilidade conxuntos (JMP) e proxectos de titulacións conxuntas (JDP)

  • Descrición: Fomentar o entendemento mutuo entre os pobos da UE e dos países asociados, incluido un coñecemento máis amplo das súas linguas, culturas e institucións, así como mellorar a calidade do ensino superior e da formación estimulando as asociaciones equitativas entre institucións de ensino superior e de formación profesional en Europa e nos países asociados.
  • Obxectivos:
    A presente convocatoria inclúe dous tipos de actividades, os proyectos de mobilidade conxuntos e os proxectos de titulacións conxuntas:

    1. Proxectos de mobilidade conxuntos (JMP) dirixidos á realización de programas de estudos e formación conxuntos por consorcios de institucións de ensino e formación profesional postsecundaria, e a promover a mobilidade dos estudantes e do personal docente. Ditas axudas inclúen importes a tanto alzado para gastos de administración, así como bolsas para os estudantes e membros do persoal académico e administrativo. Prestarase especial atención aos proxectos que comprendan períodos de prácticas e mecanismos de colocación no mercado laboral.

    2. Proxectos de titulacións conxuntas (JDP) destinados ao desenvolvemento e execución do programa de titulacións duais/dobles ou conxuntas. Ditas axudas incluyen importes a tanto alzado para gastos dos traballos de desenvolvemento e de administración, así como bolsas para os estudantes e membros do persoal académico e administrativo. Prestarase especial atención ás solicitudes correspondentes a proxectos de titulacións conxuntas.
  • Solicitantes: A convocatoria está aberta a un consorcio de institucións de ensino superior e/ou de formación postsecundaria.
    Os candidatos admisibles deberán pertencer a un dos países asociados e a un dos 27 Estados membros da Unión Europea.
  • Financiamento: O orzamento dispoñible ascende aproximadamente a 2,3 millóns de EUR. Os países asociados proporcionarán un financiamento similar de acordo coas normas aplicables a cada un deles.

    Os importes máximos das axudas financeiras prestadas pola UE serán de 350 000 EUR para un proxecto JDP cuatrienal con 2 ou máis institucións da UE, e de 262 500 EUR para un proxecto JMP de tres anos con tres ou máis institucións da UE.
  • Prazo: 30 de marzo de 2012.
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes deberán remitirse tanto á UE como ás institucións encargadas da aplicación en Australia (Australian Department of Education — DEEWR) e na República de Corea (National Research Foundation of Korea — NRF).

    Dirección de la Agencia Ejecutiva en el Ámbito Educativo, Audiovisual y Cultural
    The Education, Audiovisual and Culture Executive Agency
    EU-ICI ECP Call for Proposals 2011
    Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
    BOUR 02/17
    1140 Bruxelles/Brussel
    BELGIQUE/BELGIËES


    Dirección para las solicitudes australianas
    The Director International Engagement Section (C50MA10) International Group
    Department of Education, Employment and Workplace Relations
    GPO Box 9880 Canberra ACT 2601
    AUSTRALIA


    Dirección para las solicitudes coreanas
    ICI Education Co-operation Programme
    Team of European & American Cooperation Programme Division of International Affairs
    National Research Foundation of Korea
    25, Heolleungno, Seocho-gu, Seoul
    REPUBLIC OF KOREA 137-748


  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por e-mail a EACEA-EU-ICI-ECP@ec.europa.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 349/07 de 30.11.2011
  • Outros documentos relacionados coa convocatoria
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Programa en materia de ensinanza (IPI) con Australia, Xapón, Nova Zelanda e Corea