ED A Coruña.
Axudas
MEDIA Mundus — Convocatoria de propostas de 2012
Descrición: O programa MEDIA Mundus apoia os proxectos de cooperación entre profesionais europeos e profesionais de terceiros países, en beneficio mutuo do sector audiovisual europeo e do dos terceiros países.
Obxectivos:
Os obxectivos do programa son aumentar a competitividade da industria audiovisual europea, permitir que Europa desempeñe o seu papel cultural e político no mundo de forma máis eficaz e aumentar as posibilidades de elección dos consumidores e a diversidade cultural. O programa aspira a mellorar o acceso aos mercados de terceiros países e a crear confianza e relacións de traballo duradeiras.
As accións sinaladas como elixibles
son:
Acción 1 - Apoio á formación:
con esta acción preténdese reforzar as cualificacións
dos profesionais europeos e de terceiros países. A
opción 1 apoia a inclusión de estudantes/profesionais
e profesores de países non membros da UE en plans de
formación inicial ou continua apoiados polo programa
MEDIA 2007. A opción 2 apoia a creación dun
plan de formación permanente específico para
MEDIA Mundus.
Acción 2 - Apoio ao acceso ao mercado: mediante
esta acción apóianse os proxectos para promover
o acceso das obras audiovisuais aos mercados internacionais.
Estes proxectos refírense ás fases de desenvolvemento
e/ou preprodución (por exemplo, mercados internacionais
de coprodución) e actividades posteriores (actos para
facilitar as vendas internacionais das obras).
Acción 3 - Apoio á distribución
e a circulación: con esta acción preténdese
fomentar a distribución, promoción, proxección
e difusión de obras europeas en mercados de terceiros
países e de obras audiovisuais de terceiros países
en Europa en condicións óptimas.
Acción 4 - Actividades transversais: con esta acción preténdese apoiar proxectos de tipo transversal, é dicir, que se refiren a varias prioridades deste programa, por exemplo, accións de formación cos consecuentes actos de procura de socios (pitching) en reunións de coprodución.
Solicitantes: Os proxectos que se financiarán con cargo a MEDIA Mundus deberán:
— ser propostos e executados conxuntamente por profesionais europeos e profesionais de terceiros países con vistas a optar a financiamento con arranxo ao programa,
— ter como obxectivo a promoción da creación de redes internacionais; para iso, excepto no caso de proxectos presentados conforme a acción 1, opción 1, cada proxecto deberá ser dirixido e executado por un grupo que reúna tres criterios:
1) o grupo deberá ter un mínimo de tres socios (incluído
o coordinador). No entanto, poderán admitirse proxectos
con só dous socios cando se garanta a necesaria creación
de redes. Esta quedará garantida se o coordinador do proxecto
é unha rede europea de profesionais/empresas do sector
audiovisual que reúne a máis de dez Estados membros
europeos;
2) o coordinador do grupo deberá ter o seu domicilio social nun Estado membro da Unión ou en Islandia, Liechtenstein ou Noruega;
3) o grupo ha de incluír polo menos a un cobeneficiario vinculado co sector audiovisual que teña o seu domicilio social nun Estado non membro da UE [distinto de Croacia e Suíza].
As condicións específicas están establecidas no programa de traballo MEDIA Mundus 2012.
Financiamento: O importe máximo dispoñible para a presente convocatoria de propostas ascende a 5 042 215 EUR. A axuda financeira da Comisión non poderá exceder do 50 %, o 60 % ou o 70 % do total dos custos subvencionables, en función da natureza da actividade.
Prazo:23 de setembro de 2011.
Lugar de presentación de
solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:
Enderezo para o envío postal ou por servizo
de mensaxería Sra. Aviva Silver
Comisión Europea
Dirección Xeral de Educación e Cultura
Dirección D — Cultura e Medios de Comunicación
Unidade D3 — Programa MEDIA e Alfabetización
Mediática
Despacho MADO 18/68
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIËES