Diputación de A Coruña Diputación de A Coruña
Unha deputación ó servicio da provincia 24 horas ó servicio da provincia A Coruña por concellos Un destino compartido Fomentar, promover, conservar, difundir a nosa cultura, a nosa arte, as nosas tradicións e honrar ós nosos personaxes ilustres Facer turismo na Coruña
Convocatorias comunitarias abertas Programas e iniciativas comunitarios O Euro Últimas novas Directorio de enderezos de correo Busca Suxestións
Galego / Castellano
castellano carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas - EACEA/22/10 para a execución do programa Erasmus Mundus 2009-2013

  • Obxectivos: O obxectivo do programa é promover o ensino superior europeo, contribuír a ampliar e mellorar as perspectivas profesionais dos estudantes e favorecer o entendemento intercultural mediante a cooperación con terceiros países, de acordo cos obxectivos da política exterior da Unión Europea, para contribuír ao desenvolvemento sustentable de terceiros países no ámbito do ensino superior. Os obxectivos específicos do programa son:
    • favorecer unha cooperación estruturada entre centros de ensino superior e promover unha oferta de elevada calidade en materia de ensino superior cun valor engadido verdadeiramente europeo e capacidade de atracción tanto dentro da Unión como fóra das súas fronteiras, con vistas á creación de polos de excelencia;
    • contribuír ao enriquecemento mutuo das sociedades, desenvolvendo as cualificacións de homes e mulleres para que dispoñan de competencias adaptadas ao mercado de traballo e teñan unha mentalidade aberta e experiencia internacional, fomentando, por unha banda, a mobilidade dos mellores estudantes e académicos de terceiros países para que adquiran cualificacións e/ou experiencia na Unión Europea e, por outro, a mobilidade a outros países dos estudantes e académicos europeos de máis talento;
    • impulsar o desenvolvemento dos recursos humanos e a capacidade de cooperación internacional dos centros de ensino superior de terceiros países a través do aumento da mobilidade entre a Unión Europea e terceiros países;
    • facilitar o acceso ao ensino superior europeo, reforzar o seu prestixio e a súa visibilidade no mundo, así como a súa capacidade para atraer a nacionais de terceiros países e a cidadáns europeos. A Comisión velará por que ningún grupo de nacionais de terceiros países ou de cidadáns da UE sexa excluído ou desfavorecido.

  • Solicitantes: As condicións para ser solicitante son:
    1. Ser unha persoa xurídica;
    2. Ser unha universidade ou centro de educación superior. Para ser admisible como centro de educación superior, o solicitante deberá impartir cursos de licenciatura, posgrao ou doutoramento dirixidos á obtención dunha titulación recoñecida polas autoridades competentes do seu propio país.
    3. Estar rexistrado nun dos países europeos sinalados nas condicións de accesibilidade.

  • Condicións de accesibilidade: As actividades deben desenvolverse nalgún país dos seguintes grupos:
    - Algún dos 27 países membros
    - Países do sur do mediterráneo, Europa do leste, Rusia, Repúblicas de Asia central ou Balcáns occidentais.

  • Orzamento: O orzamento total aproximado para a presente convocatoria de propostas é de 15.200.000€.
  • Prazo: 15 de outubro de 2010.
  • Lugar de presentación de solicitudes: Deben presentarse por correo ordinario e por correo eletrónico:

    Education, Audiovisual and Culture Executive Agency
    Call for proposals "Erasmus Mundus
    - External Cooperation Window"
    Unit P4
    Avenue du Bourget 1 (BOUR 02/29)
    B-1040 Brussels

    Correo electrónico: EACEA-EM-Partnerships@ec.europa.eu




  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán expor as súas dúbidas escribindo ao seguinte correo EACEA-EM-Extcoop@ec.europa.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 311/24 do 19.12.2009
  • Páxina principal no servidor Europa