| |
-
Descrición: O presente
anuncio de convocatoria de propostas baséase na Decisión
nº 1718/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15
de novembro de 2006, relativa á aplicación dun programa
de apoio ao sector audiovisual europeo (MEDIA 2007).
-
Obxectivos:
Os obxectivos principais do programa son os seguintes:
a) preservar e reforzar a diversidade cultural e lingüística e o patrimonio cinematográfico e audiovisual europeos, garantir que o público poida acceder a eles e favorecer o diálogo intercultural;
b) aumentar a circulación e a audiencia das obras audiovisuais europeas dentro e fóra da Unión Europea, inclusive mediante unha maior cooperación entre os axentes;
c) reforzar a competitividade do sector audiovisual europeo no marco dun mercado europeo aberto e competitivo, favorable ao emprego, inclusive mediante a promoción dos vínculos entre profesionais do sector audiovisual.
O obxectivo do programa de «dixitalización das salas de cinema» consiste en fomentar que as salas que proxecten unha porcentaxe significativa de obras europeas non nacionais aproveiten as posibilidades que ofrece a distribución en formato dixital.
A presente convocatoria ten por obxecto facilitar a transición dixital das salas de cinema que proxectan películas europeas, financiando os custos indirectos vinculados á adquisición dun proxector dixital.
-
Solicitantes: O anuncio diríxese aos operadores cinematográficos independentes europeos cuxa actividade principal sexa a proxección de películas.
Os candidatos deberán estar establecidos nun dos países seguintes:
— os 27 países da Unión Europea,
— os países do EEE, Suíza e Croacia.
As organizacións solicitantes deberán:
— ser cinemas do trinque (que programen películas europeas do trinque, dentro un prazo máximo de doce meses tras a estrea nacional), — estar abertas ao público polo menos desde hai 3 anos,
— posuír un sistema de despacho de billetes e declaración de ingresos,
— ter polo menos unha pantalla e 70 butacas, — exhibir
520 proxeccións anuais no caso das salas permanentes (isto
é, salas en funcionamento durante un período mínimo
de 6 meses ao ano), 300 proxeccións no caso das salas cunha
soa pantalla (30 proxeccións ao mes) e polo menos 30 proxeccións
ao mes no caso dos cinemas de verán/salas ao aire libre (salas
que funcionan durante menos de 6 meses ao ano),
— ter polo menos 20 000 espectadores durante os 12 meses anteriores
ou vender 20 000 entradas no caso de que se aboou un prezo de entrada
normal.
-
Financiamento: O orzamento
anual total asignado ao cofinanciamento dos proxectos ascende a
2 000 000 EUR.
A contribución financeira é unha subvención e corresponderá a unha suma a tanto alzado dun máximo de 20 000 EUR por pantalla.
A subvención comprenderá todos os gastos relacionados coa transición dixital das salas de cinema europeas, con exclusión dos custos do proxector dixital e o servidor.
A Axencia resérvase o dereito a non asignar todas as subvencións dispoñibles.
-
Prazo: 15 de setembro de 2011.
-
Lugar de presentación de
solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:
|
Enderezo para o envío postal ou por servizo
de mensaxería:
MEDIA programme — Distribution EACEA/19/11 — Digitisation of cinemas
Education, Culture and Audiovisual Executive Agency (EACEA)
Constantin DASKALAKIS
BOUR 3/66
Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
1049 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË |
-
-
-
Documento oficial de publicación:
DO C 191/09 do 01.07.2011
- Outros documentos relacionados coa convocatoria
- Páxina
principal no servidor Europa
- Programa vinculado á convocatoria: MEDIA
|