| |
-
Descrición
e obxectivos: A presente convocatoria de propostas refírese ao apoio estrutural,
denominado "subvencións de funcionamento", a organizacións que persigan un obxectivo
de interese xeral europeo. As subvencións de funcionamento garanten un apoio financeiro
para cubrir unha parte dos gastos de funcionamento necesarios para o bo desenvolvemento
das actividades regulares do organismo seleccionado.
Os obxectivos específicos
da proposta son:
a) promover a acción, o debate e a reflexión relacionados
coa cidadanía europea e a democracia, os valores, a historia e a cultura compartidos
mediante as actuacións e a cooperación no marco dos foros de reflexión especializados
("think tanks") e as organizacións da sociedade civil a escala europea;
b) impulsar a interacción entre os cidadáns e as organizacións da sociedade civil
de todos os países participantes, contribuíndo ao diálogo intercultural e pondo
de relevo tanto a diversidade como a unidade europea.
-
Solicitantes: Dependerán das medidas que
se queiran desenvolver. Así:
Medida 1: A. Organizacións de
investigación e de reflexión sobre as políticas públicas europeas [foros de reflexión
(think tanks) - grupos de reflexión]. Medida 2: B. Organizacións
da sociedade civil a escala europea - Organizacións centrais (plataformas) europeas
- Redes europeas - Organizacións que desenvolvan actividades de gran impacto a
escala europea C. Organizacións da sociedade civil vinculadas á Memoria Europea
Accións subvencionables:
As actividades da organización candidata deben contribuír de maneira tanxible
ao desenvolvemento e a consecución dos obxectivos específicos e á aplicación dos
temas prioritarios da presente convocatoria de propostas. As actividades deben
cubrir como mínimo un obxectivo específico e un tema prioritario. O programa
de traballo da organización candidata para 2011 debe cubrir as súas actividades
estatutarias, en particular as conferencias, seminarios, mesas redondas, actividades
de representación, comunicación e avaliación, así como as súas outras actividades
europeas periódicas.
-
Financiamento: O orzamento
total previsto para o cofinanciamento das subvencións de funcionamento
para 2010 é de 8 100 000 EUR aproximadamente.
-
Prazo: 15 de outubro
de 2010.
-
Lugar de presentación das solicitudes:
Realizarase a solicitude por correo electrónico e enviarase, o que non poida tramitarse
por esta vía, a: | Education,
Audiovisual and Culture Executive Agency Unit P7 Call for proposals
EACEA/21/10 Avenue du Bourget 1 (BOUR 01/17) 1140 Bruxelles/Brussel BELGIQUE/BELGIË
| -
Punto
de información comunitario: Os solicitantes poderán expor as súas
dúbidas escribindo ao seguinte punto de contacto EACEA-Euc@ec.europa.eu -
Documento oficial de publicación:
DO
C 225/7 do 20.08.2010
- Páxina
principal no servidor Europa
|