Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas- EACEA/19/10 Acción 4.1 - Apoio a organismos activos a nivel europeo no ámbito da mocidade

  • Descrición e obxectivos: O obxecto desta convocatoria é proporcionar apoio estrutural, denominado "subvención de funcionamento", a organismos activos en Europa no ámbito da mocidade, e que teñan un obxectivo de interese xeral europeo pertinente en relación cos obxectivos do programa "A Mocidade en Acción".

  • Solicitantes:
    1) Organizacións non gobernamentais europeas:

    a) Organizacións europeas "paraugas" con filiais en polo menos 8 ou 12 países elixibles;
    b) Redes europeas de carácter formal que teñan organizacións membro formalmente constituídas en polo menos 8 ou 12 países elixibles.

    2) Redes europeas informais - compostas de organizacións independentes entre si e con actividade en polo menos 8 ou 12 países elixibles.

  • Actividades subvencionables: As actividades que poden contribuír a fortalecer e mellorar a eficacia da acción da Unión Europea son as seguintes:
    - Grupo 1: representación das opinións e intereses da mocidade de Europa na súa diversidade;
    - Grupo 2: intercambios de mozos e servizos voluntarios;
    - Grupo 3: aprendizaxes e programas de actividades non formais e informais destinados aos mozos;
    - Grupo 4: fomento da aprendizaxe e da comprensión interculturais;
    - Grupo 5: debates sobre asuntos europeos, políticas da Unión ou políticas que afectan á mocidade;
    - Grupo 6: divulgación de información sobre a acción da Unión Europea;
    - Grupo 7: accións para fomentar a participación e a iniciativa dos mozos.

  • Orzamento: O orzamento total aproximado para a presente convocatoria de propostas é de 3 580 000 EUR.
  • Prazo: 15 de outubro de 2010.
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Dirección para o envío postal ou por servizo de mensaxería
    Education, Audiovisual and Culture Executive Agency Youth Unit (P6)
    - Grant application - Action 4.1
    - 2011 Avenue du Bourget 1 BOUR 4/29 1140
    Bruxelles/Brussel
    BELGIQUE/BELGIË




  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a EACEA-EUC@ec.europa.eu
  • Documento oficial de publicación: DO C 220/08 do 16.08.2010
  • Páxina principal no servidor Europa