Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas EAC/57/10 - Programa "A Xuventude en Acción 2007-2013"

  • Obxectivos: Os obxectivos xerais definidos na Decisión pola que se establece o Programa "A Xuventude en Acción" son os seguintes:
    - promover a cidadanía activa dos mozos, en xeral, e a súa cidadanía europea, en particular,
    - potenciar a solidariedade e promover a tolerancia dos mozos, sobre todo para reforzar a cohesión social da UE,
    - favorecer o entendemento mutuo entre os mozos de países diferentes,
    - contribuír a mellorar a calidade dos sistemas de apoio ás actividades dos mozos e a reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no ámbito da mocidade,
    - favorecer a cooperación europea no ámbito da mocidade.

  • Solicitantes: Poderán presentar solicitudes as entidades seguintes:
    - organizacións non lucrativas ou non gobernamentais,
    - organismos públicos locais ou rexionais,
    - grupos informais de mozos,
    - organismos activos a escala europea no ámbito da mocidade,
    - organizacións internacionais non lucrativas,
    - organizacións lucrativas que organicen un acontecemento no ámbito da mocidade, do deporte ou da cultura.

  • Orzamento: 885 millóns EUR para o período 2007-2013.

  • Prazo:

    Proxectos que comezan entre oData límite de presentación
    1 de maio e 30 de setembro1 de febreiro
    1 de xullo e 30 de novembro1 de abril
    1 de setembro e 31 de xaneiro 1 de xuño
    1 de decembro e 30 de abril1 de setembro
    1 de febreiro e 31 de xullo1 de novembro


  • Lugar de presentación de solicitudes: Dependerá da acción na que se enmarque o proxecto. Consulte a guía do programa.

  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a ENV-A04@ec.europa.eu

  • Documento oficial de publicación: DO C 333/12 do 13.12.2010

  • Páxina principal no servidor Europa