Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas - EAC/42/10 Rede da política europea sobre a dirección dos centros de ensino

  • Descrición e obxectivos: A presente convocatoria de propostas axudará a aplicar as Conclusións do Consello de Educación de novembro de 2007, 2008 e 2009, nas que se acordou mellorar a forma de preparar, seleccionar, educar e formar ao persoal directivo dos centros de ensino. Farao facilitando o intercambio e a cooperación transnacionais entre os responsables políticos, os profesionais, os investigadores e as partes interesadas en elaborar unha política sobre a dirección dos centros de ensino a través da aprendizaxe entre iguais, a investigación e a análise, entre outras cousas.

  • Solicitantes: A presente convocatoria de propostas está aberta ás organizacións independentes, tanto públicas como privadas, con personalidade xurídica, que teñan domicilio social nun dos países que participan no Programa de Aprendizaxe Permanente.

  • Financiamento: Para o ano 2011 reservouse un orzamento de 500 000 EUR

  • Prazo: 31 de outubro de 2010.

  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a eac-info@ec.europa.eu

  • Documento oficial de publicación: DO C 205/13 do 29.07.2010

  • Páxina principal no servidor Europa