Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas - EAC/41/10 Rede da política europea sobre as competencias chave no ensino escolar

  • Descrición e obxectivos: A presente convocatoria de propostas axudará a aplicar a Recomendación de 2006 sobre as competencias chave para a aprendizaxe permanente. Farao abordando, en particular, as cuestións expostas pola Comunicación de 2009 "Competencias chave para un mundo cambiante", na que se avalía a situación respecto da aplicación da recomendación e identifícanse os ámbitos nos que se debe seguir traballando.

  • Solicitantes: A presente convocatoria de propostas está aberta ás organizacións independentes, tanto públicas como privadas, con personalidade xurídica e que teñan domicilio social nun dos países que participan no Programa de Aprendizaxe Permanente.

  • Financiamento: Para o ano 2011 reservouse un orzamento de 500 000 EUR.

  • Prazo: 15 de octubro de 2010.

  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán expor as súas dúbidas escribindo ao seguinte correo electrónico eac-info@ec.europa.eu

  • Documento oficial de publicación: DO C 205/12 do 29.07.2010

  • Páxina principal no servidor Europa