| |
-
Obxectivos: O obxectivo do
Programa Cultura consiste en impulsar un espazo cultural compartido
polos europeos e baseado nunha herdanza cultural común, mediante
o desenvolvemento de accións de cooperación entre operadores culturais
dos países participantes, co fin de favorecer o xurdimento dunha
cidadanía europea. O programa ten tres obxectivos específicos: .
- promover a mobilidade transnacional
das persoas que traballan no sector cultural;
- fomentar a circulación
transnacional de obras e produtos artísticos e culturais;
- favorecer o
diálogo intercultural.
O programa ten un enfoque flexible e interdisciplinario, e está
enfocado ás necesidades expresadas polos operadores culturais
na consulta pública que conduciu ao seu deseño.
-
Solicitantes: O programa está
aberto á participación de todas as categorías de actores culturais,
a condición de que as organizacións concernidas exerzan as actividades
culturais sen ánimo de lucro. As empresas e actividades culturais
do sector audiovisual (incluídos os festivais de cinema), xa cubertos
polo programa MEDIA, non poderán presentarse ao Programa Cultura.
No entanto, os organismos cuxa actividade principal teña lugar no
sector audiovisual e que exerzan esta actividade sen ánimo de lucro
poderán presentarse en virtude do capítulo 2 do Programa Cultura,
categoría "Redes", dado que non existe unha axuda comparable no
marco do Programa MEDIA. Os candidatos deberán:
-
ser organismos públicos ou privados que teñan personalidade xurídica e cuxa actividade
principal estea situada no ámbito da cultura (sector cultural e sector da creación);
e - ter a súa sede social nun dos países seleccionables. As persoas físicas
non poderán solicitar unha subvención con cargo a este programa.
-
Orzamento: O orzamento total
do programa é de 400.000.000€.
-
Prazo:
Dependerá do capítulo do programa ao que se adscriba o proxecto. Consultar convocatoria.
-
Lugar de presentación de
solicitudes: Dependerá do capítulo do programa ao que se adscriba o proxecto.
Consultar convocatoria.
-
-
Documento oficial de publicación:
DO
C 204/7 do 29.07.2010
- Página
principal no servidor Europa
|