| |
-
Descrición e obxectivos: A acción de mobilidade
individual de alumnos Comenius permítelles aos alumnos de ensino secundario
pasar de tres a dez meses nun centro de ensino e nunha familia de acollida no
estranxeiro. A mobilidade dos alumnos organízase entre os centros que participan
na mesma asociación de centros Comenius.
-
Solicitantes:
Para os efectos da acción de mobilidade de alumnos Comenius prevista no PAP, serán
admisibles os centros que participen ou participen anteriormente nunha asociación
de centros Comenius. Todos os centros que participen deberán estar establecidos
nun dos seguintes países: Bélxica, República Checa, Dinamarca, Estonia, España,
Francia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Luxemburgo, Austria, Finlandia, Polonia,
Eslovaquia, Eslovenia, Suecia e Noruega.
-
Orzamento:
3.400.000 millóns de EUR.
-
Prazo:
O prazo para a presentación de propostas de mobilidade individual de alumnos Comenius
será o 1 de decembro de 2010.
-
Lugar
de presentación de solicitudes: As solicitudes deberán presentarse
nos formularios distribuídos pola axencia nacional do país en que está establecido
o candidato. No caso de España: |
Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos Paseo
del Prado, 28 - Planta 1 ES-28014 Madrid Tel: (34) 91 506.56.85 Fax: (34)
91 506.56.89 E-mail: oapee@oapee.es
|
-
Punto
de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar
preguntas por correo electrónico a comenius@eu.europa.eu -
-
Documento oficial de publicación:
: DO
C 236/6 do 1.09.2010
- Páxina
principal no servidor Europa
|