Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas
Instrumento de Financiamento da Protección Civil. Convocatoria de propostas 2010: Proxectos sobre prevención e preparación.

  • Descrición: O obxectivo do Instrumento Financeiro de Protección Civil é apoiar os esforzos dos Estados membros para protexer principalmente ás persoas, pero tamén ao medio natural e os bens, incluíndo o patrimonio cultural, no caso de catástrofes naturais e desastres provocados polo home, actos de terrorismo e accidentes tecnolóxicos, radiolóxicos ou ambientais. Tamén ten como obxectivo fomentar a cooperación entre os Estados membros en materia de protección civil.
    Esta convocatoria de propostas 2010 ten dúas seccións independentes, cada unha con obxectivos propios e orzamento específico:
    • 1. Proxectos de prevención: A prevención é de suma importancia para evitar a ocorrencia dos desastres e/ou para mitigar o seu impacto.
    • 2. Proxectos de preparación. A preparación é esencial na protección civil; estar ben preparado pode salvar vidas e reducir o impacto dos desastres.

  • Obxectivos:
    - Proxectos de prevención: As propostas poden ser presentadas para un ou máis dos seguintes obxectivos xerais:
    • Obxectivo 1: Desenvolvemento do coñecemento baseado nas políticas de prevención de desastres: Proxectos que contribúan a mellorar a información sobre desastres pasados, en particular sobre o seu impacto físico e económico; proxectos sobre métodos comúns para intercambio da información relacionada cos desastres, prácticas comúns e enfoques metodolóxicos para a avaliación de riscos (incluídos os mapas de perigo e risco).
    • Obxectivo 2: Vinculación dos actores e as políticas en todo o ciclo de xestión de desastres: Proxectos de deseño dos procedementos e/ou normas mínimas que permitan que os actores involucrados na prevención de desastres manteñan contacto con aqueles responsables na resposta e recuperación; proxectos destinados a aumentar a sensibilización do público en xeral na prevención, incluídos os nenos; proxectos destinados a identificar, compartir e difundir as mellores prácticas baseadas nos resultados de proxectos anteriores que se benefician do financiamento da UE; proxectos de planificación da prevención e gobernanza (toma de decisións, xestión das políticas de prevención a nivel local, rexional e nacional, participación dos interesados).
    • Obxectivo 3: Mellorar a eficacia dos instrumentos existentes para a prevención de desastres: Proxectos que ofrecen unha avaliación concreta da UE e/ou dos instrumentos lexislativos nacionais de apoio ás actividades de prevención.

    - Proxectos de preparación:
    • Obxectivo 1: Mellorar a eficacia da resposta de emerxencia reforzando a preparación e a sensibilización dos profesionais da protección civil e voluntarios: cooperación transfronteiriza de protección civil para resposta directa a catástrofes naturais e artificiais, que poden afectar a infraestruturas críticas de fronteira entre dous países participantes ou que requiran coñecementos técnicos específicos.
    • Obxectivo 2: Apoiar e complementar os esforzos dos países participantes para a protección dos cidadáns, o medio natural e os bens en caso de catástrofes naturais e desastres causados polo home: Medidas destinadas a reforzar a cooperación operativa no Mecanismo Europeo de Protección Civil, permite aos Estados participantes desenvolver, exercitar e rexistrar módulos multinacionais.
    • Obxectivo 3: Facilitar unha cooperación reforzada entre os países participantes na preparación da protección civil e contaminación mariña: Accións destinadas a mellorar a preparación dos países participantes para o caso de terrorismo químico, biolóxico, radiolóxico e nuclear e os accidentes industriais.

  • Solicitantes: Esta convocatoria está aberta á participación de calquera persoa xurídica pública ou privada, establecida nun dos 27 Estados membros da UE, o tres países AELC/EEE ((Islandia, Liechtenstein e Noruega) e Croacia.
    Solicitantes establecidos nos países candidatos poderán tamén participar se eses países asinaron un Memorando de Entendemento coa Comisión no ámbito da protección civil e contribúen ao financiamento do orzamento da Comisión para a protección civil.
    Nos demais casos (os países candidatos que non cumpran o mencionado criterio e terceiros países que non teñen "estatuto de país candidato»), a participación nesta convocatoria é posible cando os acordos entre estes países e a UE así o permitan.

  • Orzamento: O orzamento total indicativo para os proxectos de prevención na presente convocatoria de propostas é de 1.700.000 €. Ningunha subvención excederá do 75% dos custos subvencionables, cun máximo de 500.000 € de contribución da UE para cada proposta de financiamento.
    O orzamento total indicativo para os proxectos de preparación na presente convocatoria de propostas é de 1.350.000 €. Ningunha subvención excederá do 75% dos custos subvencionables, cun máximo de 400.000 € de contribución da UE para cada proposta de financiamento.

  • Prazo: 31 de marzo de 2010.

  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes enviaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal ou por servizo de mensaxería
    EUROPEAN COMMISSION
    DG Environment / Civil protection prevention and preparedness unit (ENV.A.4)
    CALL FOR PROPOSALS ‘PROJECTS ON PREVENTION AND PREPAREDNESS 2010’
    BU-9 4/184
    B - 1049 Brussels


    Enderezo para a entrega en man
    European Commission
    Central Mail Service
    OIB.4
    Avenue de Bourget, 1
    B – 1140 Brussels



  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a ENV-A04@ec.europa.eu

  • Documento oficial de publicación: DO C 311/24 de 19.12.2009

  • Páxina principal no servidor Europa