Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas 2010: Exercicios, Mecanismo de Protección Civil da Unión.

  • Descrición: A principal función do Mecanismo Comunitario de Protección Civil é facilitar a cooperación en intervencións de protección civil en caso de emerxencias importantes que requiran accións de resposta urxente. Isto aplícase tamén ás situacións onde pode haber unha ameaza inminente de tales emerxencias graves. Por tanto, é unha ferramenta que mellora a cooperación comunitaria en materia de protección civil.

  • Obxectivos: O obxectivo desta convocatoria de propostas é mellorar a resposta da protección civil en todo tipo de emerxencias, incluída a contaminación mariña, a través de proporcionar unha contorna de probas e oportunidades de aprendizaxe para todos os actores involucrados nas intervencións de asistencia de protección civil no marco do Mecanismo de Protección Civil da Unión.
    Con iso preténdese alcanzar un tempo de resposta máis rápido, acordos de mellora da cooperación, unha mellor cooperación entre a sede e o terreo de acción e a identificación de deficiencias nas estruturas existentes.
    O propósito dos exercicios no ámbito da protección civil é polo menos un dos seguintes:
    • Probar novas políticas, plans e procedementos.
    • Validar as políticas, plans e procedementos existentes.
    • Capacitar o persoal no exercicio das súas funcións.

  • Solicitantes: Esta convocatoria está aberta á participación de calquera persoa xurídica pública ou privada, establecida nun dos 27 Estados membros da UE e nos tres países AELC/EEE ((Islandia, Liechtenstein e Noruega).
    Solicitantes establecidos nos países candidatos poderán tamén participar se eses países asinaron un Memorando de Entendemento coa Comisión no ámbito da protección civil e contribúen ao financiamento do orzamento da Comisión para a protección civil.
    Nos demais casos (os países candidatos que non cumpran o mencionado criterio e terceiros países que non teñen "estatuto de país candidato»), a participación nesta convocatoria é posible cando os acordos entre estes países e a UE así o permitan.

  • Orzamento: O orzamento indicativo total dispoñible é 2.000.000 €.
    A contribución comunitaria por proxecto limítase a un máximo de 1.000.000 €.
    Ningunha subvención excederá do 85% dos custos subvencionables por proposta.

  • Prazo: 31 de maio de 2010.

  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal ou por servizo de mensaxería
    EUROPEAN COMMISSION
    DG HUMANITARIAN AID
    Civil Protection Unit (ECHO.04)
    CALL FOR PROPOSALS 2010
    “EXERCISES"
    BU-9 4/184
    B-1049 Brussels


    Enderezo para a entrega en man
    EUROPEAN COMMISSION
    Central Mail Service
    DG HUMANITARIAN AID
    Civil Protection Unit (ECHO.04)
    CALL FOR PROPOSALS 2010
    "EXERCISES"
    Avenue du Bourget 1
    B-1140 Brussels



  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a ENV-CIVIL-PROTECTION-CALLS@ec.europa.eu  

  • Documento oficial de publicación: DO C 60/14 do 11.03.2010