Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 


ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas 2010: Acción preparatoria relativa a unha capacidade de resposta rápida da UE.

  • Descrición: O obxectivo da Acción Preparatoria é probar acordos innovadores para garantir que os recursos clave e os equipos esenciais estean dispoñibles e que se despreguen para responder a desastres no marco do Mecanismo Comunitario de Protección Civil a petición do Centro de Control e Información da Comisión Europea. Cobre calquera tipo de catástrofes naturais ou de orixe humana e destínase a mellorar a preparación colectiva da Comunidade fronte aos grandes desastres a nivel mundial.

  • Obxectivos: O obxectivo xeral dos proxectos que poden ser cofinanciados no marco desta convocatoria de propostas é mellorar a base de probas, a capacidade global da UE para responder de inmediato, mediante o despregamento de capacidades de protección civil, ás necesidades críticas derivadas de todo tipo de grandes catástrofes dentro e fóra da UE, a petición do Centro de Control e Información. Tamén se deberá mellorar a dispoñibilidade de asistencia a través do Mecanismo garantindo que os principais recursos de protección civil estean dispoñibles durante os períodos relevantes.

  • Solicitantes: Esta convocatoria está aberta á participación de calquera persoa xurídica pública ou privada, establecida nun dos 27 Estados membros da UE.

  • Orzamento: O orzamento total indicativo para esta convocatoria de propostas ascende a 7.350.000 €. Ningunha subvención excederá do 90% dos custos subvencionables.
    Todos os proxectos deberán ser executados dentro dun período mínimo de 6 meses e un período máximo de 24 meses, comezando desde o 1 de xuño de 2010.

  • Prazo: 15 de abril de 2010.

  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal ou por servizo de mensaxaría
    EUROPEAN COMMISSION
    Directorate General for Humanitarian Aid – ECHO
    Unit Civil Protection Disaster Response (ECHO.03)
    CALL FOR PROPOSALS “FOR A PREPARATORY ACTION ON AN EU RAPID RESPONSE CAPABILITY
    BU-9 2/167
    B-1049 Brussels


    Enderezo para a entrega en man
    European Commission
    Central Mail Service
    OIB.4
    Avenue de Bourget, 1
    B – 1140 Brussels



  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a ECHO-CIVIL-PROTECTION-CALLS@ec.europa.eu  

  • Documento oficial de publicación: DO C 64/8 do 16.03.2010

  • Páxina principal no servidor Europa