Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 

ED A Coruña. Axudas
Convocatoria de propostas — Programa común harmonizado de enquisas de opinión de consumidores e empresas da Unión Europea

  • Descrición: A Comisión Europea organiza unha convocatoria de propostas (ref. ECFIN/A4/2011/014) para a realización de enquisas nos seguintes Estados membros da UE: Luxemburgo, Malta, Suecia así como nos países candidatos: Islandia e Montenegro, no marco do Programa común harmonizado de enquisas de opinión da UE [aprobado pola Comisión o 12 de xullo de 2006, COM(2006) 379].
  • Obxectivos:
    O obxectivo do Programa é compilar información sobre a situación das economías dos Estados membros da UE e dos países candidatos que permita comparar os seus ciclos económicos para facilitar a xestión da Unión Económica e Monetaria (UEM).
    A aplicación do Programa común harmonizado da UE implica a realización de enquisas de opinión por organismos ou centros especializados en réxime de cofinanciamento. A Comisión proponse celebrar convenios con organismos ou centros que dispoñan das competencias necesarias para realizar unha ou varias das seguintes enquisas durante o tres próximos anos:
    — enquisa sobre investimentos en Islandia, Montenegro e Suecia, — enquisa no sector da construción en Islandia e Montenegro,
    — enquisa no sector do comercio comerciante polo miúdo en Islandia, Luxemburgo e Montenegro,
    — enquisa no sector de servizos en Islandia, Luxemburgo e Montenegro,
    — enquisa no sector industrial en Islandia e Montenegro,
    — enquisa entre os consumidores en Islandia, Luxemburgo, Malta e Montenegro,
    — enquisas específicas sobre problemas económicos actuais.
  • Solicitantes: A convocatoria de propostas está aberta a todos os organismos e institucións (persoas xurídicas) legalmente establecidos nalgún dos Estados membros da UE ou nos países candidatos.
  • Financiamento: O orzamento anual total dispoñible para estas enquisas no período comprendido entre maio de 2012 e abril de 2013 é da orde de 175 000 EUR. A condición de que se conte cos recursos orzamentarios necesarios, os importes para os dous anos seguintes poderán ser incrementados en aproximadamente un 2 % ao ano.
  • Prazo: 19 de decembro de 2011. .
  • Lugar de presentación de solicitudes: As solicitudes mandaranse, cumprindo determinados requisitos a:

    Enderezo para o envío postal
    Comisión Europea
    Dirección Xeral de Asuntos Económicos e Financieiros
    Convocatoria de propostas ref. ECFIN/A4/2011/014
    Unidade ECFIN R2 — Xestión e control financeiros
    Despacho BU24 — 4/11
    Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
    1049 Bruxelles/Brussel
    BELGIQUE/BELGIË


    Enderezo por servizo de mensaxería ou para a entrega en man
    Comisión Europea
    Dirección Xeral de Asuntos Económicos e Financeiros
    Convocatoria de propuestas ref. ECFIN/A4/2011/014
    Unidade ECFIN R2 — Xestión e control financeiros
    Despacho BU24 — 4/11
    Avenue du Bourget/Bourgetlaan 1
    1140 Bruxelles/Brussel (Evere)
    BELGIQUE/BELGIË


  • Punto de información comunitario: Os solicitantes poderán enviar preguntas por correo electrónico a ecfin-bcs-mail@ec.europa.eu
  • Formularios de solicitude
  • Documento oficial de publicación: DO C 330/08 do 12.11.2011
  • Páxina principal no servidor Europa
  • Programa vinculado á convocatoria: Programa común harmonizado de enquisas de opinión de consumidores e empresas da Unión Europea