Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 

ED A Coruña. Axudas
Programa: VII Programa marco da Comunidade Europea para accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración, (2007-2013)
 
 

  • Base legal: Decisión nº 1982/2006/CE do Parlamento Europeo e do consello do 18 de decembro de 2006 relativa ao Sétimo programa marco da Comunidade Europea para accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración (2007 a 2013) [DO L 400/1 do 30.12.2006].

  • Período de vixencia: 01.01.2007-31.12.2013

  • Descrición: O Sétimo Programa Marco de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (7PM) é o principal instrumento da Unión Europea en materia de financiamento da investigación en Europa. O obxectivo principal do Programa no seu conxunto consiste en contribuir que a Unión se converta no espazo de investigación máis importante do mundo. Céntrase no fomento dunha investigación de primeira categoría mundial, baseada principalmente no principio da excelencia en investigación.

  • Eidos de actuación: As prioridades do 7PM están recollidas en varios programas específicos:
    • 1. Cooperación: prestara apoio a toda a gama de actividades de investigación realizadas mediante formas de cooperación transnacional en varios campos temáticos fundamentais.

    • 2. Ideas: Apoia a investigación "impulsada polos investigadores" realizada en todos os campos por equipos nacionais ou transnacionais individuais que compitan a nivel europeo.

    • 3. Persoas: Fortalecemento, cuantitativo e cualitativo, do potencial humano da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico en Europa, así como o estímulo da mobilidade.

    • 4. Capacidades: Axuda a fortalecer capacidades de investigación, a capacidade innovadora e a competitividade europea. Abarca seis áreas específicas do coñecemento: infraestructuras de investigación, investigación en beneficio das PYME, rexións do coñecemento, potencial de investigación, ciencia e sociedade, e actividades de cooperación internacional.

      O Sétimo programa marco tamén prestará apoio ás accións científicas e técnicas directas de carácter non nuclear executadas polo Centro Común de Investigación («CCI»)

  • Condicións de accesibilidade: Regulamento (CE) Nº 1906/2006 do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de decembro de 2006 polo que se estabelecen as normas de participación de empresas, centros de investigación e universidades nas accións do Sétimo programa marco, e as normas de difusión dos resultados da investigación (2007-2013).


  • Financiamento: O importe global máximo da participación financeira da Comunidade no conxunto no Sétimo programa marco ascenderá a 50.521 millóns de euros. Esta cantidade distribuirase da seguinte maneira (en millóns de euros):


    Cooperación
    32.413
    Ideas7.510
    Persoas4.750
    Capacidades4.097
    Accións non nucleares do CCI1.751
     
Cordis Helpdesk
B.P. 2373
L-1023 Luxembourg
Tel: +352 26 64 801
Fax: +352 26 64 93 80
E-mail: CORDIS Help Desk


  • Centros de información en España:

Ministerio de Ciencia e Innovación
Almudena Carrero
C/ Albacete, 5 - 2ª planta Este
28027 Madrid
Teléfono: +34-91-6037984
Contacto

Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI)
Fernando Rico
C/ Cid,4 28001 Madrid
Teléfono: +34-90-2347434
Fax: +34-91-5815586
Contacto