Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 

ED A Coruña. Axudas
Programa: Programa específico "Ideas" polo que se executa o Sétimo programa marco da Comunidade Europea de accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración (2007-2013)

 
 
  • Base legal: Decisión do Consello do 19 de decembro de 2006 relativa ao programa específico "Ideas" polo que se executa o sétimo programa marco da Comunidade Europea de accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración (2007-2013)), (DO L 400/243 do 30.12.2006)

  • Período de vixencia: 01.01.2007-31.12.2013

  • Descrición: O Programa Específico estará "impulsado polos investigadores" e apoiará a investigación realizada en todos os campos por equipos independentes nacionais ou transnacionais que compiten no eido europeo.

  • Eidos de actuación:

    O obxectivo do Programa específico "Ideas" é fortalecer a excelencia, o dinamismo e a creatividade da investigación europea e mellorar o atractivo de Europa para os mellores investigadores, tanto europeos como de terceiros países, así como para o investimento en investigación industrial, grazas ao estabelecemento dunha estrutura de financiamento competitivo a escala europea, que complemente e non substitúa o financiamento nacional, para a investigación "nas fronteiras do coñecemento" a cargo de equipos únicos. A comunicación e a difusión dos resultados da investigación constitúen un importante aspecto do presente programa.

    Para a súa execución, a Comisión, conforme ao presente Programa específico, instituirá un Consello Europeo de Investigación (CEI), que consistirá nun Consello Científico e nunha estrutura de execución especializada de tamaño reducido e rendíbel. O CEI funcionará de acordo cos principios de excelencia científica, autonomía, eficiencia, transparencia e responsabilidade, e prestará apoio a proxectos de investigación "nas fronteiras do coñecemento" impulsados polos investigadores e realizados por equipos únicos que compiten a nivel europeo dentro dos diferentes campos de investigación e en temas que afectan a distintos eidos.

    Actividades
  • O programa fomentará unha investigación nas fronteiras do coñecemento" de rango mundial. A expresión "nas fronteiras do coñecemento" reflicte unha nova forma de entender a investigación básica. Por un lado, denota que a investigación básica en ciencia e tecnoloxía é de importancia fundamental para o benestar económico e social e, por outro, que a investigación nas fronteiras actuais do coñecemento, e máis alá delas, é unha empresa intrinsecamente arriscada, que avanza nos ámbitos de investigación novos e que formulan un maior reto, e que se caracteriza pola ausencia de límites interdisciplinarios.

    O programa apoiará proxectos únicos que poderán realizarse en calquera campo de investigación científica e tecnolóxica básica comprendida sempre no ámbito da investigación comunitaria correspondente ao presente Programa marco, o que inclúe a enxeñaría, as ciencias socioeconómicas e as humanidades. Cando proceda, poderán terse en conta temas de investigación específicos ou grupos destinatarios concretos (por exemplo, investigadores das novas xeracións/equipos novos), de acordo cos obxectivos do programa e as esixencias dunha execución eficiente. Prestarase unha atención especial aos ámbitos emerxentes ou de rápido crecemento nas fronteiras do coñecemento e na interface entre disciplinas diferentes.

    Seguirase un enfoque "impulsado polos investigadores". Isto significa que o programa apoiará proxectos realizados por investigadores sobre temas elixidos por eles dentro do marco fixado polas convocatorias de propostas. As propostas avaliaranse unicamente a partir do criterio de excelencia, xulgada mediante avaliación por homólogos, tendo en conta a excelencia de grupos novos, investigadores das novas xeracións e equipos xa recoñecidos, e prestando especial atención a aquelas propostas que presenten un marcado carácter pioneiro e leven aparellado un risco científico elevado.


  • Condicións de accesibilidade: REGULAMENTO (CE) Nº 1906/2006 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 18 de decembro de 2006 polo que se estabelecen as normas de participación de empresas, centros de investigación e universidades nas accións do Sétimo programa marco, e as normas de difusión dos resultados da investigación (2007-2013).

  • Financiamento: 7 510 millóns de euros.


  • Centros de información comunitarios e nacionais (Cordis)

    Cordis Helpdesk
    B.P. 2373
    L-1023 Luxembourg
    Tel: +352 26 64 801
    Fax: +352 26 64 93 80
    Correo e.: CORDIS Help Desk

    Lucía del Río
    Instituto de Salud Carlos III (ISCIII)
    Oficina de Proyectos Europeos
    C/ Sinesio Delgado nº6, Pabellón 6
    28029 Madrid
    Teléfono: +34-91-8222381
    Correo Electrónico: Contact