Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
ED A Coruña. Axudas
Programa: Programa específico "Cooperación" polo que se executa o sétimo programa marco da Comunidade Europea de accións de investigación, desenvolvemeno tecnolóxico e demostración (2007-2013)

 
 
  • Base legal: Decisión do Consello do 19 de decembro de 2006 relativa ao programa específico "Cooperación" polo que se executa o sétimo programa marco da Comunidade Europea de accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración (2007-2013), (DO L 400/100 do 30.12.2006)

  • Período de vixencia: 01.01.2007-31.12.2013

  • Descrición: Neste programa específico, prestarase apoio á cooperación transnacional a todas as escalas, dentro da Unión Europea e fóra dela, nunha serie de campos temáticos cales convén apoiar e fortalecer na investigación coa fin de superar os retos sociais, económicos, de saúde pública, medioambientais e industriais que afronta Europa. O obxectivo xeral é contribuír ao desenvolvemento sostíbel dentro do contexto da promoción da investigación, cuxa finalidade primordial sexa incrementar o coñecemento, ao nivel máis alto de excelencia.

  • Eidos de actuación: O programa específico prestará apoio ás accións de "Cooperación" ao servizo de toda a gama de actividades de investigación realizadas dentro da cooperación transnacional nos seguintes campos temáticos:

    • Saúde: Mellorar a saúde dos cidadáns europeos, así como incrementar a competitividade e potenciar a capacidade innovadora das industrias e empresas europeas relacionadas coa saúde facendo fronte, ao mesmo tempo, a problemas sanitarios mundiais como as novas epidemias. Farase fincapé na investigación "traslativa" (traslación dos descubrimentos fundamentais ás aplicacións clínicas, incluída a validación científica de resultados experimentais), no desenvolvemento e a validación de novas terapias, métodos para o fomento da saúde a prevención das enfermidades, incluído o fomento da saúde infantil e do envellecemento saudábel, instrumentos de diagnóstico e tecnoloxías médicas, así como uns sistemas sanitarios eficientes e sostíbeis.

    • Alimentos, agricultura e pesca, biotecnoloxía: Crear en Europa unha bioeconomía baseada no coñecemento1 agrupando aos científicos, os industriais e os demais interesados para explotar oportunidades de investigación novas e emerxentes que aborden retos económicos, medioambientais e sociais, como a crecente demanda de alimentos máis seguros, máis sans e de maior calidade e dun uso e produción sostíbeis de bio-recursos renovábeis; o crecente risco de enfermidades epizoóticas e zoonóticas e de trastornos relacionados cos alimentos; ameazas á sostibilidade e seguridade da produción da agricultura, a acuicultura e a pesca; e a crecente demanda de alimentos de alta calidade que teñan en conta o benestar dos animais e o contexto rural e costeiro, así como a resposta ás necesidades dietéticas específicas dos consumidores.

    • Tecnoloxías da información e a comunicación: Mellorar a competitividade da industria europea e posibilitar que Europa domine e conforme evolución das Tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) de maneira satisfeitas as necesidades da súa sociedade e a súa economía. As TIC son un elemento esencial sociedade basea no coñecemento. As actividades realizadas fortalecerán a base científica tecnolóxica europea e asegurarán o seu liderado mundial neste campo, axudarán a impulsar estimular a innovación e a creatividade en produtos, servizos e procesos mediante TIC e asegurarán que os avances nestas tecnoloxías se transforman rapidamente en concreto para os cidadáns, as empresas, a industria e os gobernos de Europa. Estas actividades contribuirán así mesmo a reducir a fractura dixital e a exclusión social.

    • Nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción: Mellorar a competitividade da industria europea e xerar coñecementos para garantir que pase de ser unha industria de uso intensivo de recursos a outra de uso intensivo de coñecementos a través da xeración de cambios radicais nos coñecementos e aplicando coñecementos decisivos que posibiliten novas aplicacións na encrucillada entre diferentes tecnoloxías e disciplinas. Isto beneficiará á vez ás novas industrias de máis alto valor engadido de alta tecnoloxía, como ás industrias tradicionais baseadas no coñecemento, con especial atención á difusión adecuada dos resultados IDT ás PEME. Estas actividades están relacionadas principalmente con tecnoloxías de apoio que repercuten en todos os sectores industriais e en moitos outros temas do Sétimo programa marco.

    • Enerxía: Adaptar o actual sistema enerxético para facelo máis sostíbel, menos dependente de combustibles importados, baseado nunha ampla combinación de fontes de enerxía, as enerxías renovables, os vectores de enerxía e as fontes non contaminantes; eficiencia enerxética, entre outras cousas racionalizando o uso e o almacenamento fronte aos retos, cada vez máis urxentes, da seguridade do abastecemento climático, aumentando, á vez, a competitividade das industrias europeas.

    • Medio ambiente (incluído o cambio climático): A xestión sostíbel do medio ambiente e os seus recursos mediante a mellora dos nosos coñecementos sobre as interaccións entre o clima, a biosfera, os ecosistemas e as actividades humanas, e o desenvolvemento de novas tecnoloxías, ferramentas e servizos, co obxecto de facer fronte aos problemas medioambientais mundiais de maneira integrada. Farase fincapé na predición dos cambios nos sistemas climáticos, ecolóxicos, terrestres e oceánicos, nas ferramentas e tecnoloxías para o control, a prevención, a atenuación dos riscos e presións medioambientais e a adaptación a eles, incluídos os que afectan á saúde, así como para a sostibilidade do contorno natural e artificial.

    • Transporte (incluída a aeronáutica): Baseándose nos avances tecnolóxicos e operativos e na política europea de transporte, desenvolvemento de sistemas integrados de transporte paneuropeos máis seguros, máis ecolóxicos e "máis intelixentes" en beneficio de todos os cidadáns, a sociedade e a política climática, que respecten o medio ambiente e os recursos naturais; e mantemento e avance da competitividade alcanzada polas industrias europeas no mercado mundial.

    • Ciencias socioeconómicas e humanidades: Creación dun coñecemento compartido e profundo dos retos socioeconómicos, complexos e interrelacionados, aos que se enfronta Europa, como o crecemento, o emprego e a competitividade, a cohesión social,os retos sociais, culturais e educativos dunha UE ampliada, a sostibilidade, os retos medioambientais, o cambio demográfico, a inmigración e a integración, a calidade de vida, e a interdependencia mundial, en particular con miras a achegar unha mellor base de coñecementos ás políticas nos campos correspondentes.

    • Espazo: Apoiar un Programa espacial europeo centrado en aplicacións como o sistema GMES en beneficio dos cidadáns e con miras á competitividade da industria espacial europea. Esta actividade contribuirá ao desenvolvemento dunha Política espacial europea, complementando o labor dos Estados membros e outros axentes destacados, incluída a Axencia Espacial Europea (AEE).

    • Seguridade: Desenvolver as tecnoloxías e coñecementos que permitan crear a capacidade necesaria para garantir a seguridade dos cidadáns europeos fronte a ameazas como o terrorismo, as catástrofes naturais e a delincuencia, sen detrimento dos dereitos humanos fundamentais, incluída a intimidade; asegurar un uso óptimo e concertado das tecnoloxías dispoñibles e evolutivas en beneficio da seguridade civil europea, e estimular a cooperación dos provedores e usuarios de solucións civís de seguridade, mellorando a competitividade da industria de seguridade europea e ofrecendo os resultados dunha investigación con misións determinadas para colmar as lagoas de seguridade.

      En todos estos temas, o apoio á cooperación transnacional prestarase mediante:
      — a investigación colaborativa
      — as iniciativas tecnolóxicas conxuntas
      — a coordinación de programas de investigación non comunitarios
      — a cooperación internacional.

  • Condicións de accesibilidade: REGULAMENTO (CE) Nº 1906/2006 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 18 de decembro de 2006 polo que se establecen as normas de participación de empresas, centros de investigación e universidades nas accións do Sétimo programa marco, e as normas de difusión dos resultados da investigación (2007-2013).

  • Financiamento: 32 413 millóns de euros.

  • Centros de información comunitarios e nacionais (Cordis)