Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 

ED A Coruña. Axudas
Programa COST de Cooperación Europea no Campo da Investigación Científica e Técnica

 
  • Descrición: COST, xestionada pola Fundación Europea da Ciencia (FEC), é un marco intergobernamental para a cooperación europea en ciencia e tecnoloxía que permite a coordinación a escala europea de proxectos de investigación con financiamento nacional. Contribúe a reducir a fragmentación dos investimentos europeas en investigación, así como a abrir o Espazo Europeo de Investigación á cooperación mundial.

    COST está organizada en nove seccións temáticas xerales:

    - biomedicina e biociencia molecular;
    - ciencias e tecnoloxías químicas e moleculares;
    - ciencias da Terra e xestión medioambiental;
    - alimentación e agricultura;
    - bosques e os seus productos e servizos;
    - cidadán, sociedade, cultura e saúde;
    - tecnoloxías da información e da comunicación;
    - ciencias de materiais, ciencias físicas e nanociencias;
    - transporte e desenvolvemento urban.

  • Obxectivos: O seu obxectivo é fortalecer a investigación científica e técnica en Europa, financiando o establecemento de redes para favorecer a cooperación e a interacción entre investigadores europeos.
  • Actividades: As actividades de COST son levadas a cabo por equipos de investigación co obxecto de consolidar os cimentos da excelencia científica en Europa. Reúne a investigadores e expertos de distintos países que traballan arredor de temas específicos. Financia a posta en rede de actividades financiadas a nivel nacional prestando apoio a reunións, conferencias, intercambios científicos de curta duración e actividades de promoción. Polo tanto, non financia a investigación como tal, senón que presta apoio a redes científicas (Accións) que contribúan ao desenvolvemento científico, tecnolóxico, económico, cultural ou social de Europa. Acolle con especial interese as propostas que teñan un papel precursor respecto doutros programas europeos e / ou postas en marcha por investigadores noveis.

  • Financiamento: Recibe os seus fondos do Sétimo Programa Marco de I+DT e os seus recursos empréganse para financiar redes de cooperación chamadas Accións COST, formadas por grupos de investigación europea.
    O apoio financeiro que se pode esperar para as propostas é da orde dos 100.000 EUR anuais por un período de catro anos
    .


  • Centro de información comunitario

    COST Office
    Avenue Louise 149
    1050 Brussels
    Belgium
    Tel. +32 2 533 38 00
    Fax +32 2 533 38 90
    office@cost.esf.org



  • Centros de información nacional:

    María J. Mazón

    Ministerio de Ciencia e Innovación
    Calle Albacete 5
    28027 Madrid
    cost.coordinacion@micinn.es


    Ángeles Rodríguez Peña
    Subdirectora General de Programas Europeos
    Ministerio de Ciencia e Innovación
    Calle Albacete 5
    28027 Madrid
    Tel. +34 91 603794
    Fax +34 91 6037021
    angeles.rodriguez@micinn.es