| |
-
Base
legal: DECISIÓN Nº 742/2008/CE DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 9 de xullo de 2008 sobre a participación da Comunidade nun programa de investigación e desenvolvemento emprendido por varios Estados membros e destinado a mellorar a calidade de vida das persoas maiores mediante a utilización das novas tecnoloxías da información e a comunicación. O Programa está baseado no artigo 169 do Tratado da CE. e complementa ao VII Programa Marco de Investigación e Desenvolvemento da UE. DO L 201/49 de 30.7.2008
- Período
de vixencia: 2008 - 2013
-
Descrición: O programa conxunto AAL pretende afrontar o desafío demográfico do avellentamento mediante a creación do marco xurídico e organizativo necesario para unha cooperación europea a gran escala entre os Estados membros, en relación coa investigación aplicada e a innovación no campo das tecnoloxías da información e a comunicación e o avellentamento, nunha sociedade que avellenta.
-
Obxectivos:
- Fomentar a aparición de produtos, servizos e sistemas innovadores, baseados nas TIC, que permitan avellentar mellor na casa, na comunidade e no traballo, mellorando así a calidade de vida, a autonomía, a participación na vida social, as competencias e a empregabilidade das persoas maiores, e reducindo os custos da asistencia sanitaria e social.
- Crear unha masa crítica de investigación, desenvolvemento e innovación, a nivel da UE, no ámbito de tecnoloxías e servizos para avellentar mellor na sociedade da información, sen esquecer o establecemento dun medio propicio á participación das pequenas e medianas empresas (PEME) no programa.
- Mellorar as condicións de explotación industrial dos resultados da investigación, proporcionando un marco europeo coherente para o desenvolvemento de enfoques comúns, incluíndo normas mínimas comúns, e facilitando a localización e adaptación de solucións comúns que sexan compatibles coa diversidade de preferencias sociais e aspectos regulamentarios, a nivel nacional ou rexional, que existen en Europa.
-
Participantes: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Dinamarca, Eslovenia, España, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rumania e Suecia e Israel, Noruega e Suíza aceptaron coordinar e executar conxuntamente actividades dirixidas a contribuír ao programa conxunto AAL.
-
Actividades:
-
O labor principal consiste en actividades de investigación, desenvolvemento e innovación. Estas actividades realizaranse mediante proxectos transnacionais de gastos compartidos en que intervirán socios de polo menos tres países diferentes de entre os Estados membros participantes, Israel, Noruega e Suízos e outros países participantes, e que consistirán en actividades de investigación, desenvolvemento tecnolóxico, demostración e difusión.
-
Actividades de intermediación, promoción do programa e establecemento de redes poderán realizarse a través de actos específicos ou en combinación cos existentes. Incluirán a organización de talleres e o establecemento de contactos con outros interesados.
-
Beneficiarios: Calquera Estado membro poderá participar no programa, tamén poderán participar no programa aqueles terceiros países cuxa participación estea amparada polo acordo internacional pertinente e previo aprobación da Comisión e os Estados membros participantes, Israel, Noruega e Suíza.
-
Financiamento: A Comunidade achegará unha contribución financeira dun importe máximo de 150 millóns EUR a través de fondos do Programa específico “Cooperación” dentro do VII Programa Marco.
- Centro
de información comunitario
- Centro de información nacional:
-
|