Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
ED A Coruña.Axudas
Convocatoria dirixida a Organizacións para que propoñan listaxes de expertos independentes que poidan asistir aos servizos da Comisión en relación coa execución do Sétimo Programa Marco de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico IDT (2006/C 305/17)
 
 
 
  • Eidos de actuación:  Pola presente convocatoria, a Comisión convida ás institucións científicas, profesionais, industriais e de investigación xeral e ás agrupacións científicas ou outras organizacións interesadas activamente na realización de actividades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico (IDT) para presentar listaxes de expertos independentes propostos que poderían ser convocados para prestar axuda para a execución de tarefas relacionadas con:
    • o Sétimo Programa Marco da Comunidade Europea de Accións de Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e demostración (2007 a 2013) e os seus programas específicos;
    • o Sétimo Programa Marco da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (CEEA),de Actividades de Investigación e Formación en Materia Nuclear e os seus programas específicos.

       
  • Condicións de accesibilidade
    • Criterios xerais
      • Tendo en conta os criterios e procedementos aplicables establecidos polas normas de participación das empresas, os centros de investigación e as universidades nas actividades do Sétimo Programa Marco da CE e de difusión dos resultados da investigación(2007-2013), e polas normas de participación das empresas, os centros de investigación e as universidades nas actividades do Sétimo Programa Marco da CEEA e de difusión dos resultados da investigación (2007-2011), a Comisión designará expertos independentes:
      • para axudar a avaliar as propostas de acordo cos distintos obxectivos científicos, tecnolóxicos e socioeconómicos do Sétimo Programa Marco. O labor de avaliación inclúe a formulación de recomendacións sobre a forma de orientar a investigación para o logro óptimo dos obxectivos do programa específico de que se trate;
      • para axudar a supervisar os proxectos seleccionados e financiados pola Comunidade, incluídos, se é necesario e do modo adecuado, os proxectos financiados pola Comunidade dentro de programas marco de IDT anteriores; o para outras fins que requiran eventuais competencia específicas.

    • Expertos
      • Espérase que os expertos independentes propostos posúan as competencias e coñecementos pertinentes nos campos de actividade nos que a súa axuda poida ser solicitada. Os expertos independentes potenciais deberán posuír así mesmo unha experiencia profesional de alto nivel no sector público ou privado nun ou varios dos seguintes sectores de actividade:
      • investigación nos campos científicos e tecnolóxicos pertinentes, + administración, xestión ou avaliación de proxectos de IDT,
      • utilización dos resultados dos proxectos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, transferencia tecnolóxica, innovación e cooperación empresarial, en especial no que respecta ás PEME;
      • problemática da relación entre ciencia e sociedade (por exemplo, educación, comunicación, competencias técnicas, riscos, cuestións éticas, etc.),
      • cooperación internacional no campo da ciencia e a tecnoloxía, o desenvolvemento de recursos humanos.
      • Os expertos independentes potenciais deberán ter así mesmo competencias lingüísticas axeitadas.

    • Solicitude
      • A solicitude deberá cumprimentarse nunha das linguas oficiais da Unión Europea.
    •  
  • Beneficiarios:  persoas físicas interesadas en presentar a súa propia candidatura como expertos independentes potenciais para ser incluídos na base de datos de expertos para o sétimo programa marco. A Comisión lembra non obstante que non está obrigada a chamar exclusivamente a expertos rexistrados nesta base de datos. A Comisión pode, en efecto, nomear expertos independentes exteriores de acordo co previsto nos procedementos de nomeamento establecidos polas normas.
     
  • Prazo de presentación de solicitudes
    • Convídase ás persoas interesadas a presentar canto antes a súa solicitude de forma que a Comisión poida utilizar a base de datos de expertos independentes xa a partir das primeiras sesións de avaliación das propostas do sexto programa marco, previstas para marzo de 2003.
    • O prazo de presentación das devanditas listaxes finalizará o 31 de xullo de 2013.
  • Lugar de presentación de solicitudes
    • Convídase ás organizacións anteriormente mencionadas a manifestar o seu interese no sitio web de Cordis creado para o efecto desde onde se poderán conectar para remitir a listaxe de expertos que desexen recomendar.
       
  • Centros de información comunitarios