ED
A Coruña. Axudas
Programa de Investigación Complementario que realizará o Centro Común de Investigación para a Comunidade Europea da Enerxía Atómica (2009-2011)
Base
legal: DECISIÓN DO CONSELLO do 25 de maio de 2009 por que se aproba un Programa de Investigación Complementario que realizará o Centro Común de Investigación para a Comunidade Europea da Enerxía Atómico relativo á explotación do HFR.DO L 132/13 do 29.5.2009.
Período de vixencia:2009
- 2011
Descrición: A explotación do HFR debe continuar ata 2011, xa que segue cumprindo, ao tratarse dunha infraestrutura insubstituible da investigación comunitaria en múltiples ámbitos:
Obxectivos principais: 1) garantir o funcionamento seguro e fiable do reactor de alto fluxo de Petten (HFR) para asegurar a dispoñibilidade do fluxo de neutróns con fins experimentais;
2) permitir un uso eficaz do HFR por parte de centros de investigación nunha ampla variedade de disciplinas:
Mellora da seguridade dos reactores nucleares existentes;
Saúde (incluído o desenvolvemento de isótopos médicos para responder ás cuestións da investigación médica);
Fusión nuclear;
Investigación fundamental;
Formación e xestión de residuos;
Estudio do comportamento de seguridade dos combustibles nucleares para a nova xeración de sistemas de reactores.
Financiamento: A contribución orzamentaria que se estima necesaria para a execución do Programa ascende a 34,992 millóns de EUR.