Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 

ED A Coruña. Axudas
Programa específico que debe executar mediante accións directas o Centro Común de Investigación dentro do Sétimo programa marco da Comunidade Europea de accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración (2007-2013)

 
 
  • Base legal: Decisión do Consello do 19 de decembro de 2006 relativa ao programa específico que debe executar mediante accións directas o Centro Común de Investigación dentro do Sétimo programa marco da Comunidade Europea de accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración (2007-2013) (2006/975/CE) [DO L400/369 do 30.12.2006].

  • Período de vixencia: 01.01.2007 - 31.12.2013.

  • Descrición: Este Programa Específico determinará as accións de tipo non nuclear do Centro Común de Investigación:

    • En cumprimento da súa misión, o CCI deberá prestar un apoio científico e técnico, segundo as necesidades dos clientes, ao proceso de elaboración das políticas comunitarias, apoiar a aplicación e o control das políticas actuais e responder ás novas demandas políticas. Para cumprir a súa misión, o CCI deberá realizar investigación da máis elevada calidade relativa da Unión Europea, mantendo mesmo o seu propio nivel de excelencia científica.
    • Ao executar este Programa específico de conformidade coa súa misión, o CCI deberá facer especial fincapé en áreas de especial interese para a Unión: a prosperidade unha sociedade intensiva en coñecementos, a solidariedade, a sostibilidade e a xestión responsábel dos recursos, a seguridade e a liberdade, e a posición de Europa como socio mundial
    • Eidos de actuación:
      • Tema político 1: A prosperidade nunha sociedade intensiva en coñecementos
        • Competitividade e innovación.
        • Espazo Europeo da Investigación.
        • Enerxía e transportes.
        • Sociedade da información.
        • Ciencias da vida e biotecnoloxía.
      • Tema político 2: Solidariedade e xestión responsábel dos recursos
        • Desenvolvemento rural, agricultura e pesca.
        • Recursos naturais.
        • Medio ambiente e saúde.
        • Cambio climático.
      • Tema político 3: Liberdade, seguridade e xustiza
        • Seguridade interior.
        • Catástrofes e reacción ante elas.
        • Inocuidade e calidade da alimentación humana e animal.
      • Tema político 4: Europa como socio mundial
        • Seguridade mundial.
        • Cooperación para o desenvolvemento.

  • Condicións de accesibilidade: Aplicaránselle ao Programa específico as normas de participación e difusión relativas ás accións directas.


  • Financiamento: O importe que se estima necesario para executar o programa específico ascenderá a 1751 millóns de euros.

  • Centro de información comunitario:

    Centro Común de Investigación

    Internal & external communication Unit, SDME 10/78, B-1049 Brussels
    E-mail: jrc-info@ec.europa.eu


     

  • Centros de información en España:

    BELTRAN PORTER, José Pío (Ph.D)
    CSIC
    Instituto de Biología Molecular y Celular de Plantas
    Avda de los Naranjos s/n
    E-46022 Valencia
    Tel: +34-96-3877870
    Fax: +34-96-3877859
    Email: Contact

     

  • Páxina principal na Unión Europea