| |
- Base legal: Decisión
do Consello do 18 de decembro de 2006 relativa ao sétimo programa marco da Comunidade
Europea da Enerxía Atómica (Euratom) de accións de investigación e formación
en materia nuclear (2007 a 2011) (2006/970/Euratom) (DO
L 400/60 do 30.12.2006).
- Descrición:
O sétimo programa marco terá como obxectivos xerais os estabelecidos nos
artigos 1 e 2, letra a), do Tratado, contribuíndo, ao mesmo tempo, á
creación dunha sociedade baseada no coñecemento, a partir do Espazo Europeo
da Investigación. O sétimo programa marco abarcará as actividades comunitarias
de investigación, desenvolvemento tecnolóxico, cooperación internacional, difusión
de información técnica e explotación, así como formación, que deben concretarse
en dous programas específicos.
O primeiro programa específico cubrirá os seguintes
aspectos:
- a) investigación sobre a enerxía de fusión: O obxectivo
deste apartado é desenvolver a tecnoloxía necesaria para lograr unha fonte
de enerxía segura, sostíbel, respectuosa do medio ambiente e economicamente
viábel;
- b) fisión nuclear e protección contra as radiacións:
Trátase de mellorar, en particular, a seguridade, a eficiencia do consumo
de recursos e a relación custo/eficacia, fomentando o uso e explotación seguros
da fisión nuclear e outros usos da radiación na industria e a medicina.
O segundo programa específico cubrirá as actividades
do Centro Común de Investigación (CCI) no eido da enerxía nuclear.
- Eidos de actuación: O sétimo
programa marco da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (Euratom) de accións
de investigación e formación en materia nuclear articúlase en dous grandes
apartados: por unha parte, as accións «indirectas» sobre a investigación
da enerxía de fusión, e sobre a fisión nuclear e a protección contra as radiacións,
e, por outra, as actividades de investigación «directas» do CCI.
INVESTIGACIÓN
SOBRE A ENERXÍA DE FUSIÓN Obxectivo: Desenvolver a base de coñecementos
que permita a creación de reactores prototipo para centrais eléctricas que sexan
seguros, sostíbeis, respectuosos do medio ambiente e economicamente viábeis,
e construír o ITER como paso fundamental cara a ese obxectivo.
Actividades - A creación do ITER, como infraestructura
de investigación internacional.
- I+D
para preparar o funcionamento do ITER.
- Actividades
tecnolóxicas para preparar a DEMO, unha central eléctrica de fusión con fins de "demostración".
- Actividades de
I+D a máis longo prazo.
- Recursos
humanos, educación e formación.
- Infraestruturas.
- Procesos de transferencia
de tecnoloxía.
FISIÓN
NUCLEAR E PROTECCIÓN CONTRA AS RADIACIÓNS Obxectivo: Estabelecer
unha base científica e técnica sólida coa fin de acelerar a evolución técnica
no que se refire a unha xestión máis segura dos residuos nucleares de longa duración,
mellorando, en particular, a seguridade, a eficiencia no consumo de recursos e
a relación custo/eficacia, da enerxía nuclear, e asegurando un sistema sólido
e socialmente aceptábel de protección das persoas e o medio ambiente contra
os efectos das radiacións ionizantes. Actividades
- Xestión de residuos radioactivos.
- Sistemas de reactores.
- Protección contra as radiacións.
- Infraestruturas.
- Recursos
humanos, mobilidade e formación.
ACTIVIDADES NUCLEARES DO CENTRO COMÚN DE INVESTIGACIÓN
Obxectivo:
Prestar un apoio científico e técnico impulsado polos clientes ao proceso de elaboración
das políticas comunitarias, apoiando a aplicación e o control das actuais políticas
e respondendo ás novas necesidades de maneira flexible. Actividades
As actividades do CCI centraranse en: -
Xestión
de residuos nucleares e impacto medioambiental.
-
Seguridade operacional
nuclear.
-
Seguridade
nuclear. Ademais,
o CCI facilitará un debate baseado nos feitos e unha adopción de decisións
con coñecemento de causa no relativo á adecuada combinación de enerxías
para satisfacer as necesidades enerxéticas de Europa (incluídas as fontes
renovábeis de enerxía e a enerxía nuclear).
-
- Convocatorias
anteriores:
- Convocatoria Euratom sobre investigación nuclear e
actividades de formación (FP7-Fusion-2007)
-
Euratom sobre fisión nuclear e protección da radiación (FP7-Fission-2007)
- Histórico de programas:
|