| |
- Base legal:
-
Regulamento nº 1692/2006 do 24 de
outubro de 2006, polo que se establece o segundo programa Marco
Polo para a concesión de axuda financeira comunitaria coa fin de
mellorar o comportamento ambiental do sistema de transporte de mercadorías
(Marco Polo II) - DO
L 328/01, do 24.11.2006
-
Corrección de erros do Regulamento
nº 1692/2006 do 24 de outubro de 2006, polo que se establece o segundo
programa Marco Polo para a concesión de axuda financeira comunitaria
coa fin de mellorar o comportamento ambiental do sistema de transporte
de mercadorías ( DOUE
L 65/12 do 03.03.2007)
- Período de vixencia: 01.01.2007 - 31.12.2013
- Descrición:
-
Marco Polo II é a segunda fase do
programa do mesmo nome que se executou durante o período
2003-2006. A duración do programa é de xaneiro de 2007 a decembro
de 2013, co obxecto de lograr ao final do programa unha transferencia
de tráfico que constitúa unha parte substancial do incremento anual
agregado esperado do tráfico internacional de mercadorías por estrada,
expresado en toneladas/quilómetro, ao transporte marítimo de curta
distancia, por ferrocarril e por vías navegables interiores, ou
a unha combinación de modos de transporte na que o traxecto por
estrada sexa o máis curto posible.
- Eidos de actuación:
a) accións de efecto catalizador; as encamiñadas a mellorar as sinerxias
nos sectores ferroviario, das vías navegables interiores e do transporte
marítimo de curta distancia (incluídas as autoestradas do mar); merecen
atención específica, en particular, os sectores cunha mellor utilización
das infraestruturas existentes;
b) accións de autoestradas do mar;
c) accións de transferencia entre modos de transporte;
d) accións de evitación de tráfico;
e) accións de aprendizaxe en común
- Condicións de accesibilidade:
-
O programa sufragará accións
que se leven a cabo no territorio de polo menos dous Estados membros,
ou que se leven a cabo no territorio de polo menos un estado Membro
e no territorio dun terceiro país próximo.
-
O programa estará aberto á participación
dos países candidatos á adhesión á Unión Europea e aos países
da AELC e do EEE e de terceiros países próximos, mediante créditos
suplementarios. Os proxectos deberán ser presentados por consorcios
formados por dous ou máis empresas establecidas en polo menos
dous Estados membros diferentes ou nun estado membro e un terceiro
país próximo, ou, a título excepcional, se se trata dunha conexión
de transportes cun terceiro país próximo, poderán ser presentados
por unha empresa dun estado membro.
-
A axuda financeira da Comunidade
prestarase no marco de contratos negociados entre a Comisión e
o beneficiario. A axuda financeira comunitaria ás accións obxecto
do programa non impedirá a concesión ás mesmas accións de axudas
públicas a escala nacional, rexional ou local, na medida que as
devanditas axudas sexan compatibles co réxime de axudas estatais
establecido no Tratado e dentro dos límites acumulativos para
cada tipo de acción. A axuda total concedida en forma de axuda
estatal e de asistencia financeira comunitaria en relación coa
infraestrutura auxiliar non excederá do 50 % dos custos elixibles.
- Beneficiarios:
-
Os proxectos deberán ser presentados
por consorcios formados por dúas ou máis empresas establecidas
en polo menos dous Estados membros diferentes ou nun estado Membro
e un terceiro país próximo, ou, a título excepcional, se se trata
dunha conexión de transportes cun terceiro país próximo, poderán
ser presentados por unha empresa dun estado Membro.
- Financiamento: 400 millóns €
- Centros de información comunitarios:
|