| |
-
Base legal:En virtude da Decisión do Consello do 29 de abril de 2008 apróbase o Programa de Investigación do Fondo de Investigación do Carbón e do Aceiro.(2008/376/CE) DO L 130/7 do 29 de abril de 2008.
-
Período de vixencia: Mediante a presente Decisión quedan aprobadas as directrices técnicas plurianuais para o programa de investigación do Fondo de Investigación do Carbón e do Aceiro. As directrices técnicas revisaranse ou completaránse, se é o caso, cada cinco anos. Este Fondo complementa ao sétimo programa marco de investigación 82007-2013), nos sectores relacionados co sector do carbón e do aceiro.
-
Descrición: O presente Programa contribuirá á competitividade dos sectores comunitarios relacionados coa industria do carbón e do aceiro, concordará cos obxectivos científicos, tecnolóxicos e políticos da Comunidade, e complementará as actividades desenvolvidas nos Estados membros e nos programas comunitarios de investigación en curso, especialmente o programa marco para accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e demostración.
- Obxectivos de investigación:
-
Obxetivos de investigación para o carbón:
— Mellora da competitividade do carbón comunitario.
— Saúde e seguridade nas minas.
—Protección eficaz do medio ambiente e mellora de lautilización do carbón como fonte de enerxía limpa.
—Xestión da dependencia externa no abastecemento enerxético.
-
Obxectivos de investigación para o aceiro :
—Técnicas novas e perfeccionadas de produción e acabado do aceiro.
— A IDT e a utilización do aceiro.
—Conservación de recursos e mellora das condicións de traballo.
- Accións subvencionables:
- Proxectos de investigación.
- Proxectos piloto.
- Proxectos de demostración.
- Medidas de acompañamento.
- Accións preparatorias e de apoio.
- Beneficiarios:
- Estados membros
-
As empresas, organismos públicos, organizacións de investigación ou centros de ensino superior ou secundario, ou outras entidades xurídicas, incluídas as persoas físicas, sempre que teñan a intención de levar a cabo unha actividade de IDT ou contribuír substancialmente á mesma.
- Estados candidatos á adhesión á Unión Europea
-
As empresas, organismos públicos, organizacións de investigación ou centros de ensino superior ou secundario, ou outras entidades xurídicas, incluídas as persoas físicas, terán dereito a participar sen recibir ningunha contribución financeira do Programa, a menos que se dispoña outra cousa nos Acordos Europeos aplicables e nos seus Protocolos adicionais, así como nas decisións dos distintos Consellos de Asociación.
- Participación de terceiros países
-
As empresas, organismos públicos, organizacións de investigación ou centros de ensino superior ou secundario, ou outras entidades xurídicas, incluídas as persoas físicas, poderán participar en proxectos concretos e sen recibir ningunha contribución financeira do Programa, desde que tal participación redunde en interese da Comunidade.
- Financiamento:
-
O programa basearase en contratos de IDT con gastos compartidos. A contribución financeira total, incluída calquera outra subvención adicional de carácter público, deberá axustarse ás normas aplicables en materia de axudas estatais.
-
A contribución financieira total máxima, expresada en porcentaxe dos costes autorizados , será a seguinte:
| a) proxectos de investigación |
hasta un 60% |
| b) proxectos piloto e de demostración |
hasta un 50% |
| c) medidas de acompañamento, accións de apoio
e preparatorias |
hasta un 100% |
- Páxina
principal na Unión Europea
- Centros de información comunitarios
|