| | -
Base
legal: Decisión nº 1639/2006/CE do Parlamento Europeo e do Consello do
24 de outubro de 2006 pola que se establece un programa marco para a innovación
e a competitividade (2007-2013) ( DO
L 310/15, de 09.11.2006). - Período
de vixencia: 01.01.2007-31.12.2013
-
Descrición
e obxectivos: O programa para a iniciativa empresarial e a innovación é
un programa de apoio ás empresas, en particular as PEME, o espírito empresarial,
a innovación incluída a innovación ecolóxica e a competitividade industrial. O
programa para a iniciativa empresarial e a innovación incluirá accións para apoiar,
mellorar, fomentar e promover:
-
Instrumentos
financeiros comunitarios para as PEME:
- O mecanismo para as PEME innovadoras e de rápido crecemento (MIC);
- O
mecanismo de garantía PEME;
- O sistema de desenvolvemento de capacidades.
O obxectivo dos instrumentos financeiros comunitarios será facilitar o acceso
das PEME ao financiamento en determinadas fases do seu ciclo de vida, a saber:
as fases de lanzamento, de posta en marcha, de expansión e de transmisión de empresas.
O ámbito dos instrumentos pertinentes abarcará tamén os investimentos da PEME
en actividades como o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación, incluída a innovación
tecnolóxica, e a transferencia de tecnoloxía, así como na expansión transfronteiriza
da súa actividade comercial.
Procedemento: A Comisión publicará anualmente o
programa de traballo anual.
- Beneficiarios:
As PEME.
-
Orzamento: A dotación
orzamentaria orientativa do programa específico será o 60% do orzamento
total do Programa marco para a innovación e a competividad (3.621.600.000 euros),
do que aproximadamente a quinta parte dedicarase a fomentar a innovación ecolóxica.
-
Centro de información comunitario:
| European Commission Enterprise & Industry
DG B-1049 Brussels Belgium Fax: +32 (0)2 299 80 16 E-mail: entr-cip@ec.europa.eu
|
|