| | -
Base
legal: Decisión Nº 1639/2006/CE do Parlamento Europeo e do
Consello do 24 de outubro de 2006 pola que se establece un programa marco para
a innovación e a competitividade (2007-2013), DO
L 310/15, do 9.11.2006 -
Período
de vixencia: 01.01.2007-31.12.2013 -
Descrición:
O programa marco contribuirá á competitividade e á capacidade innovadora
da Comunidade en calidade de sociedade avanzada do coñecemento, cun desenvolvemento
sostible baseado nun crecemento económico sólido e unha economía social de mercado
altamente competitiva, e cun elevado nivel de protección e mellora da calidade
do medio natural. -
Eidos
de actuación: Os obxectivos do programa marco levaranse a cabo
mediante a execución dos seguintes programas específicos:
-
Programa para a iniciativa empresarial
e a innovación; un programa de apoio ás empresas, en particular as PEME, o
espírito empresarial, a innovación, incluída a innovación ecolóxica, e a competitividade
industrial. O programa incluirá accións para apoiar, mellorar, fomentar e promover:
- o acceso ao financiamento para a posta en marcha e o crecemento
das PEME, e para investimento en actividades de innovación;
- a creación
dunha contorna favorábel para a cooperación das PEME, especialmente no
ámbito da cooperación transfronteiriza;
- calquera forma de innovación
nas empresas;
- a innovación ecolóxica;
- a iniciativa empresarial
e a cultura da innovación;
- a reforma económica e administrativa relacionada
coa empresa e a innovación.
- Programa de apoio
á política en materia de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC);
incluirá accións para:
- desenvolver o espazo único europeo da información
e consolidar o mercado interior de produtos e servizos das TIC e de produtos e
servizos baseados nas devanditas tecnoloxías;
- fomentar a innovación mediante
unha maior incorporación das TIC e máis investimentos nestas;
- desenvolver
unha sociedade da información inclusiva e uns servizos máis eficientes e efectivos
en ámbitos de interese público, así como mellorar a calidade de vida.
- Programa «Enerxía intelixente — Europa». Este programa
contribuirá a asegurar unha enerxía sostíbel para Europa, reforzando así a competitividade
europea. Este programa incluirá accións dirixidas, en particular, a:
- fomentar
a eficiencia enerxética e a utilización racional dos recursos enerxéticos;
- promover
fontes de enerxía novos e renovábeis, e fomentar a diversificación enerxética;
- promover a eficiencia enerxética e o uso de fontes de enerxía novas e
renovábeis no ámbito do transporte.
-
Beneficiarios: O programa marco estará aberto á
participación:
-
dos países da Asociación
Europea de Libre Comercio (AELC) que son membros do Espazo Económico Europeo (EEE),
de conformidade coas condicións establecidas no Acordo EEE; -
dos
países adherentes e países candidatos que se benefician dunha estratexia de preadhesión,
de conformidade cos principios e as condicións xerais para a participación destes
países en programas comunitarios establecidos nos respectivos acordos marco e
decisións do Consello de Asociación; -
dos países dos Balcáns occidentais, de conformidade coas disposicións que
deben determinarse cos devanditos países previo establecemento de acordos marco
sobre a súa participación en programas comunitarios; -
doutros
terceiros países, cando os acordos e procedementos así o permitan. -
Financiamento: A dotación financeira para a execución
do programa ascenderá a 3 621 300 000 EUR.
-
Centros
de información comunitarios:
| European Commission Enterprise & Industry
DG B-1049 Brussels Belgium Fax: +32 (0)2 298 79 50 E-mail: entr-cip@ec.europa.eu
| |