| |
-
Base legal: DECISIÓN Nº 1482/2007/CE
DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 11 de decembro de 2007 pola que
se establece un programa comunitario destinado a mellorar o funcionamento
dos sistemas fiscais no mercado interior (Fiscalis 2013) e pola que
se derroga a Decisión nº 2235/2002/CE (DOUE
L 330/1 de 11.12.2007)
-
Período de vixencia: 01.01.2008
- 31.12.2013
-
Descrición: Establécese
un programa de acción comunitario plurianual (Fiscalis 2013), durante
o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro
de 2013, co propósito de mellorar o funcionamento dos sistemas fiscais
no mercado interior.
-
Obxectivos: O obxectivo global do programa será mellorar o correcto funcionamento dos sistemas fiscais
no mercado interior aumentando a cooperación entre os países participantes,
as súas administracións e os seus funcionarios.
Os obxectivos específicos do programa serán os seguintes:
- En relación co imposto sobre o valor engadido e os impostos especiais:
- garantir un intercambio de información e unha cooperación
administrativa eficaces, amplos e efectivos;
- facer posible que os funcionarios consigan un elevado nivel
de coñecemento do Dereito comunitario e a súa aplicación nos
Estados membros; e
- garantir a continua mellora dos procedementos administrativos,
tendo en conta as necesidades das administracións e dos suxeitos
pasivos, mediante o desenvolvemento e a difusión de boas prácticas
administrativas;
- En relación con los impuestos sobre la renta y sobre el patrimonio:
- garantizar un intercambio de información y una cooperación
administrativa eficaces y efectivos, con inclusión de la puesta
en común de las buenas prácticas administrativas; y
- hacer posible que los funcionarios consigan un elevado nivel
de conocimiento del Derecho comunitario y de su aplicación en
los Estados miembros;
- En relación cos impostos sobre as primas de seguros, fomentar
a cooperación entre administracións, velando por unha mellor aplicación
das normas existentes; e
- No que fai aos países candidatos e candidatos potenciais, satisfacer
as súas necesidades específicas para que adopten as medidas necesarias
para a adhesión en materia de lexislación fiscal e de capacidade
administrativa.
-
Ámbitos de actuación: As actividades do programa serán as seguintes:
- sistemas de comunicación e intercambio de información;
- controles multilaterais
- seminarios e grupos de proxecto;
- visitas de traballo;
- actividades de formación; e
- calquera outra actividade similar que resulte necesaria para
a consecución dos obxectivos do programa.
-
Estados beneficiarios: Serán
beneficiarios os seguintes países:
- Os países participantes serán os Estados membros
- os países candidatos nos que se aplique unha estratexia de preadhesión,
de acordo cos principios e condicións xerais para a participación
dos devanditos países nos programas comunitarios establecidos no
Acordo marco pertinente e as Decisións do respectivo Consello de
asociación;
- os países candidatos potenciais, de conformidade coas disposicións
que con eles se determine a raíz do establecemento de acordos marco
relativos á súa participación en programas comunitarios.
-
Orzamento: A dotación financeira
para a execución do programa durante o período comprendido entre o 1
de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013 será de 156 900 000 EUR.
-
Centros de información comunitarios:
|