| | - Base
legal:
-
Decisión nº 1298/2008/CE
d o Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de decembro de
2008, pola que se establece o programa de acción Erasmus Mundus 2009-2013
para a mellora da calidade do ensino superior e a promoción do entendemento
intercultural mediante a cooperación con terceiros países.
- Período de vixencia:
01.01.2009 - 31.12.2013
- Descrición:
Establécese o programa Erasmus Mundus, destinado a promover a calidade
do ensino superior en Europa, mellorar o potencial dos estudantes e fomentar o
entendemento intercultural. O programa tamén pretende favorecer o desenvolvemento
do ensino superior en terceiros países.
- Obxectivos:
Os obxectivos específicos do programa son mellorar os seguintes ámbitos:
- a cooperación entre os centros europeos de ensino superior;
- a
calidade do ensino superior;
- as competencias e cualificacións dos cidadáns
(europeos e de terceiros paí ses) a través da mobilidade;
- os centros de
ensino superior de terceiros países, en termos de recursos humanos e cooperación
internacional;
- a visibilidade e o acceso ao ensino superior europeo, incluso
para os cidadáns de terceiros países.
- Accións
previstas: O programa Erasmus Mundus executarase a
través das seguintes tres accións:
- programas
conxuntos Erasmus Mundus de alta calidade, consistentes en mestrados
e doutoramentos;
- asociacións Erasmus Mundus
entre centros de ensino superior de Europa e de terceiros países;
- medidas
que fomenten o ensino superior europeo
- Participación: O
programa Erasmus Mundus estará aberto á participación de
centros de ensino superior, centros de investigación e empresas;
estudantes de ensino superior de todos os niveis; investigadores
postdoutorais, académico e persoal docente no ámbito do ensino superior;
e outros organismos públicos ou privados que traballen no
ámbito do ensino superior.
O
programa está dirixido aos Estados membros da Unión Europea (UE).
Tamén está aberto aos países da Asociación Europea
de Libre Comercio que son membros do Espazo Económico Europeo, os países
candidatos á adhesión á UE, os países dos Balcáns
Occidentais e a Confederación Suíza, sempre que se asinen os convenios
específicos oportunos.
- Orzamento:
A dotación financeira para a execución
das accións 1 e 3 do programa Erasmus Mundus 2009-2013 ascende a
493.690.000 euros. Reserváronse aproximadamente 460.000.000 euros
para cubrir a acción 2.
- Centro
de información comunitario:
- Centro
de información en España:
Ministerio de Ciencia e Innovación
C/ Albacete, no. 5 E-28027 Madrid Tel: +34 91 603 7221 Fax:
+34 91 603 7027 mar.duque@micinn.es
Website: http://www.micinn.es | -
Páxina
principal no servidor Europa
- Convocatorias
anteriores:
|