Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
IPE.Axudas
Programa: Programa en materia de ensinanza (IPI) con Australia, Xapón, Nova Zelanda e Corea

 
  • Base legal:
    • Regulamento (CE) nº 1934/2006 do Consello, do 21 de decembro de 2006, polo que se establece un instrumento de financiamento da cooperación cos países e territorios industrializados e outros países e territorios de renda alta (DOUE L 405 de 30.12.2006).
    • Corrección de erros do Regulamento (CE) nº 1934/2006 do Consello, do 21 de decembro e 2006, polo que se establece un instrumento de financiamento da cooperación cos países e territorios industrializados e outros países e territorios de renda alta (DOUE L 29 de 03.02.2007).

  • Período de vixencia: 01.01.2007 - 31.12.2013

  • Descrición e obxectivos: Este programa de Cooperación Educativa refírese á cooperación entre a UE e Australia, Nova Zelanda, Xapón e a República de Corea no marco da educación superior e a formación e prácticas. O programa inclúe proxectos de cooperación rexional e bilateral baseados no financiamento conxunto da UE e os países socios e os acordos mutuos para seleccionar os socios en materia de educación superior. O programa ICI-ECP é parte do Instrumento dos Países Industrializados (IPI) que promove a cooperación entre a UE e 70 países e territorios industrializados e outros de renda alta de Norteamérica, a rexión Asia - Pacífico e a rexión do Golfo. Segundo o artigo 181A do Tratado, o IPI contribúe a fortalecer as relacións na UE cos países e territorios que comparten valores similares e son importantes socios políticos e comerciais e que xogan un papel activo na gobernación multilateral e global.
  • Accións previstas: As actividades que financia este programa son as seguintes:
    • Proxectos Conxuntos de Mobilidade.
    • Actividades do IPI que adxudiquen fondos para proxectos de desenvolvemento do currículum internacional que inclúan a mobilidade a curto prazo entre a UE e os países socios de ICI-ECP. O consorcio seleccionado sentará o marco para a mobilidade no que os estudantes da UE pasarán un semestre nunha institución dun dos países socios e viceversa cun recoñecemento completo do período de estudos no estranxeiro por parte da institución propia. O apoio incluirá subvencións de mobilidade para estudantes e bolseiros, así como taxas de interese fixo e cantidades fixas para administrar o proxecto.
    • Cada proposta debe basearse nun consorcio formado por institucións da UE e doutro país socio. Os proxectos serán seleccionados e cofinanciados bilateralmente entre a UE e cada país socio.