| |
-
Base legal: Regulamento (CE) Nº 3/2008 do Consello, do 17 de decembro de 2007, sobre accións de información
e de promoción dos produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros
países ( DO
L 3/1 de 05.01.2008)
-
Descrición e obxectivos: As
accións de información e de promoción dos produtos agrícolas e o seu
xeito de produción, así como dos produtos alimenticios a base de produtos
agrícolas, levadas a cabo no mercado interior ou en terceiros países
poderán financiarse con cargo ao orzamento comunitario, total ou parcialmente.
As devanditas accións levaranse a cabo no marco dun programa de información
e de promoción. As accións non deberán estar orientadas en función de
marcas comerciais nin incitar ao consumo dun produto por razón da súa
orixe concreta. Porén, a orixe do produto obxecto das accións poderá
indicarse cando se trate dunha denominación en virtude da normativa
comunitaria.
-
Condicións de accesibilidade: As accións que se inclúen dentro do programa son as seguintes:
- Accións de relacións públicas, promoción e publicidade que se
destinen, en particular, a destacar as características intrínsecas
e as vantaxes dos produtos comunitarios no tocante á calidade, a
seguridade dos alimentos, os métodos de produción específicos, os
aspectos nutricionales e sanitarios, a etiquetaxe, o benestar dos
animais e o respecto do medio natural;
- Campañas de información, en particular sobre os réximes comunitarios
aplicables ás denominacións de orixe protexida (DOP), as indicacións
xeográficas protexidas (IXP), as especialidades tradicionais garantidas
(ETG) e a produción ecolóxica, así como outros réximes comunitarios
relativos ás normas de calidade e á etiquetaxe dos produtos agrícolas
e alimenticios, e os símbolos gráficos establecidos na lexislación
comunitaria aplicable;
- Accións de información sobre o réxime comunitario dos viños de
calidade producida en rexións determinadas (vcprd), dos viños con
indicación xeográfica e das bebidas espirituosas con indicación
xeográfica ou indicación tradicional reservada;
- Estudos de avaliación dos resultados obtidos coas accións de información
e de promoción.
- No mercado interior, as accións mencionadas poderán consistir
tamén na participación en salóns, feiras e exposicións de importancia
nacional ou europea, mediante postos destinados a valorar a imaxe
dos produtos comunitarios.
- En terceiros países, as accións poderán adoptar tamén
a forma seguinte:
- Accións de información sobre o réxime comunitario aplicable
aos viños de mesa;
- Participación en salóns, feiras e exposicións de importancia
internacional, especialmente mediante postos destinados a valorar
a imaxe dos produtos comunitarios;
- Estudos de novos mercados, necesarios para a busca de novas
saídas comerciais;
- Misións comerciais de alto nivel.
Os sectores ou produtos que poden ser obxecto destas acciones que se leven a cabo no mercado interior, seleccionaranse
en función dos siguientes criterios:
- A oportunidade de lanzar campañas temáticas ou dirixidas a destinatarios
concretos co fin de destacar a calidade, o carácter típico, os métodos
de produción específicos, os aspectos nutricionales e sanitarios,
a seguridade alimentaria, o benestar dos animais ou o respecto do
medio natural dos produtos considerados;
- A práctica dun sistema de etiquetaxe que informe os consumidores
ou a utilización de sistemas de control e arrastre da orixe dos
produtos;
- A necesidade de facer fronte aos problemas específicos ou conxunturais
dun sector determinado;
- A conveniencia de informar sobre o significado dos réximes comunitarios
relativos ás DOP, IXP, ETG e os produtos ecolóxicos;
- A conveniencia de informar sobre o significado do réxime comunitario
dos vcprd, os viños con indicación xeográfica e as bebidas espirituosas
con indicación xeográfica ou indicación tradicional reservada.
Poderán ser obxecto das accións mencionadas que se leven a cabo
en terceiros países, os produtos seguintes:
- Produtos destinados ao consumo directo ou á transformación que
conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais
en terceiros países, en particular, sen que se concedan restitucións;
- Produtos típicos ou de calidade cun elevado valor engadido.
-
Disposición de aprobación: As actividades mencionadas lévanse a cabo ao abeiro de programas establecidos
polas organizacións profesionais ou interprofesionais. Estas organizacións
someten as súas propostas de programas de información e de promoción
aos Estados membros, os cales transmiten á Comisión a relación de programas
seleccionados que se comprometen a cofinanciar. A Comisión, asistida
por expertos técnicos, elixe os programas e decide os orzamentos correspondentes,
outorgando prioridade a aqueles programas que prevexan a participación
de varios Estados membros. Ademais, a Comisión pode tomar a iniciativa
de financiar na súa totalidade accións de información e de promoción.
A Comisión elixe os organismos que levarán a cabo a devandito accións
no mercado interior e nos terceiros países.
-
Financiaciamento: O financiamento
do custo real dos programas analízase como segue:
- ata o 50% de financiamento comunitario (e ata o 60% se os programas
refírense a accións de promoción de froitas e hortalizas, destinadas
especificamente a escolares de establecementos de ensino da Comunidade);
- un mínimo do 20% polas organizacións que propoñan os programas;
- o resto polo Estado membro.
- Centros de información comunitarios:
|
Comisión Europea
DX Agricultura e Desenvolvemento Rural 130,
Rue de la Loi B – 1049
Bruxelas Bélxica
Fax: +32 (0) 2-295.01.30.
Formulario
de consulta
|
- Centros de información en España:
|