Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
IPE.Axudas
Programa: Medidas de información no ámbito da PAC (INFOPAC)

 
  • Base legal: Regulamento (CE) Nº 814/2000 do Consello, do 17 de abril de 2000, sobre as medidas de información no ámbito da política agrícola común (DO L 100/7 de 20.04.2000)

  • Descrición e obxectivos: A política agrícola común é frecuentemente obxecto de incomprensión e adoece dunha falta de información que só poderá colmarse mediante unha estratexia de información e de comunicación coherente, obxectiva e global. Convén explicar os obxectivos da política agrícola común e levar a cabo un labor de información sobre a súa evolución en beneficio tanto dos agricultores e os axentes directamente implicados como da opinión pública, dentro e fóra da Comunidade. A Comunidade pode financiar medidas de información no ámbito da política agraria común que teñan por obxecto:
    • Contribuír á explicación por unha parte, e á aplicación e desenvolvemento da devandita política por outra.
    • Fomentar o modelo de agricultura europea e contribuír á súa comprensión.
    • Informar os agricultores e aos demais axentes do mundo rural.
    • Sensibilizar á opinión pública sobre os retos e os obxectivos da devandita política.
          •  
  • Condicións de accesibilidade: As medidas adoptadas poden revestir as seguintes formas:
    • Programas anuais de actividade presentada por organizacións agrícolas ou de desenvolvemento rural, así como por asociacións de consumidores e de protección do medio natural.
    • Medidas concretas presentadas por calquera entidade distinta das anteriores e, en particular, polas autoridades públicas dos Estados membros, os medios de comunicación e os centros universitarios.
    • Actividades desenvolvidas a iniciativa da Comisión.
    Poderán subvencionarse, en particular, as conferencias, os seminarios, as visitas de información, as publicacións, as producións e as intervencións nos medios de comunicación, a participación en manifestacións de alcance internacional e os programas de intercambio de experiencias.
  • Financiamento: Agás nas medidas desenvolvidas a iniciativa da Comisión, a porcentaxe máximo de financiamento será do 50% dos custos subvencionables. Porén, poderase ampliar esta porcentaxe ata o 75% en casos excepcionais que se determinarán no Regulamento de aplicación.

  • Centros de información comunitarios:
      •  

    Comisión Europea

    DX Agricultura e Desenvolvemento Rural 130,
    Rue de la Loi B – 1049
    Bruxelas Bélxica
    e-mail: AGRI-GRANTS@ec.europa.eu