Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
ED. Axudas
Instrumento de Financiamento da Protección Civil (2007-2013)

 
 
  • Base legal:
    Decisión 2007/162/CE/Euratom, do 5 de marzo de 2007, pola que se establece un Instrumento de Financiamento da Protección Civil (DOUE L 71/09 do 10.03.2007)

  • Período de vixencia: 01.01.2007 - 31.12.2013
     
  • Descrición:
    O Instrumento de Financiamento da Protección Civil ten como obxecto apoiar e completar o labor realizado polos Estados membros para protexer ás persoas fundamentalmente, aínda que tamén ao medio natural e os bens, incluído o patrimonio cultural, en caso de catástrofes naturais e de orixe humana, de atentados terroristas e de accidentes tecnolóxicos, radiolóxicos ou ambientais, e de facilitar unha maior cooperación entre os Estados membros no ámbito da protección civil .
    •  
  • Eidos de actuación:
    O Instrumento de Financiamento da Protección Civil substitúe ao Programa de acción comunitaria no eido da protección civil (2000-2006). O instrumento regula a concesión de axuda financeira destinada a:
  • a) accións no ámbito do mecanismo comunitario establecido para facilitar unha cooperación reforzada nas intervencións de axuda no ámbito da protección civil;

    b) medidas para previr ou reducir os efectos dunha urxencia, e

    c) accións dirixidas a mellorar o estado de preparación da Comunidade para responder ás emerxencias, en particular, de accións destinadas a aumentar a sensibilización dos cidadáns da UE.

  • Condicións de accesibilidade:
    • Os Estados membros que soliciten axuda financeira para o transporte da súa asistencia reembolsarán polo menos o 50 % dos fondos comunitarios recibidos, antes de vencido o prazo de 180 días tras a intervención. O financiamento fornecido ao abeiro do presente instrumento non afectará á responsabilidade dos Estados membros de protexer dentro do seu territorio á poboación, a propiedade e o medio natural das catástrofes nin os dispensará da súa obriga de dotar os seus sistemas de protección civil das capacidades suficientes que lles permitan afrontar de forma axeitada as catástrofes dunha magnitude e unha natureza que resulte razoable esperar e para as que se poidan preparar.
      •  
  • Beneficiarios: 
    • A axuda financeira conforme ao Instrumento poderá concederse a persoas físicas ou xurídicas, xa sexan de dereito público ou privado.
    • A participación no instrumento estará aberta aos países candidatos.
    • Poderán cooperar nas accións emprendidas no marco do instrumento outros terceiros países, cando os acordos existentes entre eses terceiros países e a Comunidade o autoricen.

  • Financiamento: 189.800.000 €
     
  • Centros de información comunitarios:

  •  
    Comisión CE. DX Medio Natural
    DX ENV.B. Célula Financeira BU-9
    04/195
    Alessandro Barisich
    Rue de la Loi, 200
    B-1049
    Bruxelas
    Tel.: 32-2-299 22 48
    Fax: 32-2-298 38 92

     
     
  • Centros de información en España:

  •  
    Ministerio do Interior
    Dirección Xeral de Protección Civil
    C/ Quintiliano, 21
    28002 - Madrid
    Tel.: 91 537 31 00
    Fax: 91 562 89 41
    dgpce@procivil.mir.es