Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
ED.Axudas
Programa: Cooperación en educación superior e formación profesional entre UE/USA (2006-2013)

 

  • Base legal: Decisión do Consello do 23 de maio de 2006 relativa á celebración do Acordo entre a Comunidade Europea e os Estados Unidos de América polo que se renova o programa de cooperación en materia de ensino superior e de ensino e formación profesional.
      •  
  • Período de vixencia: 2006-2013
      •  
  • Descrición: Os obxectivos xerais do programa son os seguintes:
    1. Fomentar a comprensión mutua entre os pobos da Comunidade Europea e os Estados Unidos de América, incluído un maior coñecemento das linguas, culturas e institucións;
    2. Mellorar a calidade da formación dos recursos humanos, tanto na Comunidade Europea coma en EEUU, entre outras cousas mediante a adquisición das habilidades e coñecementos indispensables para afrontar os retos da economía global baseada no coñecemento.

    Os obxectivos específicos son:
    1. Aumentar a colaboración entre a Comunidade Europea e os Estados Unidos no ámbito da educación superior e a formación profesional.
    2. Contribuír ao desenvolvemento das institucións encargadas da educación superior e da formación profesional.
    3. Contribuír ao desenvolvemento persoal dos participantes polo seu beneficio propio e, ao mesmo tempo, contribuír á consecución dos obxectivos xerais do programa.
    4. Fomentar os intercambios transatlánticos entre cidadáns europeos e norteamericanos.

  • Eidos de actuación:
    - Acción de Títulos Transatlánticos. Proporcionarase apoio ás asociacións multilaterais de institucións de UE e de Estados Unidos co propósito de establecer programas de estudos conxuntos -incluíndo títulos conxuntos/dobres- e a mobilidade transatlántica de estudantes e facultades.
    - Establecer Proxectos de mobilidade de excelencia, proporcionando apoio financeiro para mobilidade de estudantes a colectivos que teñen unha probada carreira de excelencia na cooperación transnacional.
    - Medidas de política-orientadora, facendo comparacións entre aspectos de educación superior e formación profesional e promovendo o diálogo no recoñecemento de títulos e homologación.
    - Acción Schuman-Fulbright. Proporcionando bolsas a profesionais altamente cualificados para levar a cabo estudos ou formación no outro lado do Atlántico, en áreas de especial relevancia para as relacións UE/USA. Os detalles da acción Schuman-Fulbright serán desenvolvidos por medio da cooperación entre a Comisión Europea e o Departamento de Estado de Estados Unidos.
    •  
  • Beneficiarios: Institucións de educación superior, institucións de formación profesional ou ocupacional, tanto públicas como privadas e estudantes. Todas as asociacións deben ter un mínimo de 3 institucións ou organizacións de educación superior ou de formación profesional, na que participen polo menos dúas institucións de diferentes Estados membros da UE e polo menos unha institución dos Estados Unidos.
    •  
  • Centros de información comunitarios:

  •  
    European Commission
    Directorate General for Education and Culture
    Xefe de Unidade:
    Angeliki Verli
    Unit EAC-B-6
    B-1049 Brussels
    Fax: (+32 2) 295 71 36
    European Commission
    Directorate General for Education and Culture
    Diego Sammaritano
    Unit EAC-B-6
    B-1049 Brussels
    Tel.: (+32 2) 299 00 23
    Fax: (+32 2) 295 57 19
    Email: eac-3C-cooperation@eu.europa.eu
    European Commission
    Directorate General for Education and Culture
    Martine Deré
    Unit EAC-B-6
    B-1049 Brussels
    Tel.: (+32 2) 295 44 25
    Fax: (+32 2) 295 57 19
    Email: eac-3C-cooperation@eu.europa.eu