Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
ED.Axudas
Programa: Programa de cooperación entre UE e Canadá no eido da ensino superior, formación e xuventude (2006-2013)
  • Base legal: Decisión do Consello do 17 de xullo de 2006 pola que se aproba o Acordo entre a Comunidade Europea e o Goberno de Canadá establecendo un marco para a cooperación no eido do ensino superior, formación e xuventude.

  • Período de vixencia: 2006 - 2013

  • Descrición:
    • Os obxectivos xerais do acordo son:
      1. Promover unha maior comprensión entre os pobos da Comunidade Europea e Canadá, incluído un mellor coñecemento das súas linguas, culturas e institucións;
      2. Mellorar a calidade da formación dos recursos humanos, tanto na Comunidade Europea como en Canadá, entre outras cousas mediante a adquisición dos coñecementos necesarios para afrontar os retos da economía global baseada no coñecemento;

    • Os obxectivos específicos son:
      1. Reforzar o valor engadido comunitario e canadense na cooperación transatlántica no eido do ensino superior, formación e mocidade;
      2. Contribuír aos intercambios transantlánticos entre cidadáns europeos e canadenses;
        Contribuír ao desenvolvemento da educación superior, das institucións educativas, así como tamén das estruturas e organizacións xuvenís;
      3. Promover e/ou incrementar a asociación entre persoas que participen activamente no campo da educación superior, a formación e a educación tanto na Unión Europea como en Canadá;
      4. Contribuír ao desenvolvemento profesional dos individuos mentres que se conseguen os obxectivos xerais do acordo;
      5. Desenvolver oportunidades para dialogar e intercambiar experiencias no ámbito da política de mocidade.

  • Eidos de actuación:
  • As actividades levadas a cabo polas asociacións deben implicar: a mobilidade transatlántica de estudantes no marco dos programas educativos, o recoñecemento mutuo dos créditos académicos e a preparación tanto cultural como lingüística.

    - Acción nova:

    As partes poden apoiar financeiramente as actividades que involucren a estruturas e organizacións xuvenís, mozos traballadores, reprensentantes xuvenís, e outros actores ligados coa mocidade. As devanditas actividades poden incluír seminarios, cursos de formación, selección de persoal e visitas de estudo, sobre temas que axuden a conseguir o obxectivo, por exemplo: cidadanía, diversidade cultural, traballo comunitario ou voluntariado e recoñecemento de ensino formal e informal.

    - Actividades complementarias: 

    As partes poden proporcionar axuda financeira de cara a promover ao mobilidad de profesionais, incluídos novos licenciados e profesionais en período de formación que estean interesados en emprender estudos de curta duración, ou ben que estean interesados en levar a cabo programas formativos para incrementar a súa experiencia, en áreas de especial relevancia para as relacións entre a Comunidade Europea e Canadá. Esta relevancia será valorada polas partes.

  • Beneficiarios:  Cada parte do consorcio deberá estar formada por unha asociación multilateral que comprenda institucións de polo menos dous Estados membros da Comunidade Europea e polo menos dúas provincias ou territorios de Canadá.
        •  

  • Centros de información comunitarios:
  • European Commission Directorate General for Education and Culture Unit EAC-B-6 B-1049 Brussels
    Tel.: (+32 2) 299 00 67
    Fax: (+32 2) 296 32 33
    Email: eac-3C-cooperation@ec.europa.eu
    Education, Audiovisual and Culture Executive Agency (EACEA)
    Unit P4
    Tel: (+32 2) 296.88.13
    Fax: (+32 2)292.13.28