Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 

 


Fondos e Instrumentos Financieiros para o período 2007-2013

 
 


No período de programación 2007-2013 establécense tres instrumentos no eido da política de cohesión: o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Social Europeo (FSE) e o Fondo de Cohesión.

Á marxe da política rexional regúlanse os instrumentos de axuda ao desenvolvemento rural, isto é, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), e ao sector pesqueiro, en concreto o Fondo Europeo de Pesca (FEP) que deben integrarse nos instrumentos da política agrícola común e da política común de pesca e coordinarse cos instrumentos da política de cohesión.

Neste período de programación nace un novo instrumento financeiro, a Agrupación europea de cooperación transfronteriza (AECT). A finalidade deste novo instrumento é facilitar a cooperación transfronteriza, transnacional ou interrexional entre as autoridades rexionais e locais.

Obxetivos, rexións subvencionables e instrumentos: Durante o período 2007-2013, o FEDER, o FSE e o Fondo de Cohesión contribuírán á consecución de tres obxectivos: Obxectivo converxencia (FEDER, FSE e Fondo de Cohesión), Obxectivo competitividade rexional e emprego (FEDER e FSE) e o Obxectivo cooperación territorial europea (FEDER).

Normativa

FONDOS ESTRUCTURAIS

Fondo
Descrición
Data

FEDER

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
01.01.2007
31.12.2013
FSEFondo Social Europeo
01.01.2007
31.12.2013

 

FONDO DE COHESION

Fondo
Descrición
Data
Instrumento financeiro de cohesión económica e social da Comunidade. 

01.01.2007
31.12.2013



OUTROS INSTRUMENTOS FINANCEIROS
Fondo
Descrición
Data
Fondo Europeo de Pesca
01.01.2007
31.12.2013
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
01.01.2007
31.12.2013
Asociación Europea de Cooperación Territorial

01.01.2007
31.12.2013





Cooperación Territorial Europea