Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
  Fondos 2007 - 2013

ED A Coruña.Axudas
Programa: FSE (Fondo Social Europeo)
 
 
  • Base legal:
    • Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, polo que se estabelecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión e se derroga o Regulamento (CE) nº 1260/1999, (DOUE L 210/25 do 31.07.2006); Corrección de erros DOUE L 239/248 do 01.09.2006.
    • Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1784/1999, (DOUE L 210/12, do 31.07.2006).
    • Regulamento nº 1828/2006 do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento 1083/2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión, e o Regulamento 1080/2006 relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 371/01 de 27.12.2006).

  • Período de vixencia: 01.01.2007-31.12.2013

  • Descrición: O FSE foi creado en 1957 en virtude do Tratado de Roma. O FSE contribuirá a executar as prioridades da Comunidade polo que respecta ao reforzo da cohesión económica e social mellorando o emprego e as oportunidades de traballo, favorecendo un alto nivel de emprego e a creación de máis e mellores postos de traballo. Para iso, apoiará as políticas dos Estados membros destinadas a alcanzar o pleno emprego e a calidade e a produtividade no traballo, a promover a inclusión social, en particular, o acceso das persoas desfavorecidas ao emprego, e a reducir as disparidades nacionais, rexionais e locais en materia de emprego.

  • Obxectivos: O financiamento do FSE se articula arredor de dous grandes obxectivos:
    • O obsectivo de converxencia
    • O obxectivo de competitividade rexional e emprego

  • Accións previstas:
    • Mellorar a capacidade de adaptación dos traballadores.
    • Facilitar o acceso ao emprego e a inserción duradeira no mercado de traballo das persoas inactivas.
    • Incrementar a participación no mercado laboral.
    • Potenciar a inclusión social das persoas desfavorecidas.
    • Reforzar o capital humano.
    • Promover as asociacións, pactos e iniciativas mediante a creació n de redes de interesados.
  • Beneficiarios: Autoridades públicas locais e rexionais.

  • Financiamento: Os recursos dos Fondos Estruturais para o período 2007-2013 elévanse a 308.041 millóns de euros.

  • Centro de información comunitario:
    European Commission
    DG Employment, Social Affairs and Equal Opportunities
    Rue de la Loi 200
    B- 1049 Brussels
    Belgium
    esf@ec.europa.eu


  • Centro de información en España:
    Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais
    Unidade Administradora do FSE.
    Pío Baroja, 6 1ª planta.
    28071 Madrid.
    Tel: 91/363.18.00
    Fax: 91/363.20.36
    uafse@mtin.es
    Web

  • Centro de información en Galicia:
    Consellaría de Economía e Facenda
    Dirección Xeral de Planificación e Fondos
    Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
    15071 Santiago de Compostela (A Coruña)
    Tel: 981 54 51 31
    Fax 981 54 51 33
    dxplanificacion@conselleriadefacenda.es
    Web