Galego / Castellano
galego carta de servizos contacto DO serie L e C DO serie S convocatorias busca socios programas novas prensa dixital e-Boletín ED publicacións ED CE en España presidencia UE ligazóns

 


 
 
 
IPE.Axudas
Convocatoria: Accións innovadoras financiadas en virtude do artigo 6 do Regulamento do Fondo Social Europeo: "Transferencia e difusión da innovación derivada dos proxectos realizados co apoio do artigo 6 do Regulamento relativo ao Fondo Social "(VP/2004/017)
 
 
 
  • Introdución
    • O artigo 6 do Regulamento relativo ao Fondo Social Europeo apoia medidas innovadoras a través das cales se pretende fomentar novas formulacións e identificar exemplos de boas prácticas que poidan servir para mellorar a posta en práctica das accións financiadas polo FSE.
    • A presente convocatoria de propostas refírese á transferencia e a difusión de plans e métodos innovadores que foran desenvolvidos polos proxectos en virtude do artigo 6 no período de programación 2000-2006.

  • Eidos de actuación
    • O obxectivo global do artigo 6 do FSE é identificar enfoques e prácticas innovadoras capaces de exercer unha influencia sobre as accións xerais do Fondo Social Europeo. A busca de innovación é, por natureza, arriscada, polo que os proxectos que xa obtiveron financiamento presentan tanto éxitos como fracasos. Por isto, os actuais proxectos deben explicar claramente a forma na que se identificaron e/ou se desenvolveron con éxito as innovacións no proxecto ou proxectos financiado(s) anteriormente. Ademais, como se menciona no punto 2, o obxectivo da presente convocatoria é a transferencia e difusión 'dirixidas/orientada' das mellores ensinanzas. As propostas deberían identificar, na medida do posíbel, os receptores aos que se dirixen os enfoques e as prácticas innovadoras.
    • Conforme ao carácter innovador dos proxectos, non se proporcionan directrices preceptivas en relación coa natureza das accións que se deben levar a cabo no marco das actuais propostas. Os candidatos poden decidir por si mesmos a mellor forma de deseñar as propostas para cumprir cos requisitos da presente convocatoria. A título indicativo, as medidas poden incluír seminarios, sesións de formación, estudos e análise do proxecto ou proxectos financiados con anterioridade, ou a tradución dos documentos clave a outras
      linguas, incluídas as linguas dos novos Estados membros . Agora ben, os candidatos deben indicar nas súas solicitudes as accións que se propoñen, a forma en que estas cumprirán os obxectivos previstos e por que se consideran a mellor maneira de asegurar o éxito da transferencia e a difusión.
    •  
  • Beneficiarios
    • O candidato en cada unha das propostas presentadas en resposta á presente convocatoria debe ser o promotor ou un dos socios mencionados nun proxecto no marco do artigo 6 correspondente ao período 2000-2006 que se completara ou case completara na data en que debe iniciarse o actual proxecto. O candidato será responsábel da xestión global do proxecto. O candidato seleccionado asinará o convenio de subvención coa Comisión, recibirá dela a subvención e será responsábel de informarlle á Comisión da evolución do proxecto e de garantir un seguimento e unha avaliación permanentes. En circunstancias normais, a Comisión só estará en contacto coa organización candidata.

  • Financiamento
    • O orzamento dispoñíbel para cada unha das dúas rondas de solicitudes estímase en 2 millóns de euros aproximadamente prevese que abondará para subvencionar entre 10 e 20 propostas en cada unha das dúas rondas. De acordo co carácter aberto da presente convocatoria, non se fixaron importes mínimos nin máximos para as subvencións. Non obstante, tendo en conta o orzamento dispoñíbel e a cantidade de proxectos que se agarda financiar, aconséllase aos candidatos que presenten proxectos de suficiente envergadura como para ter repercusións, pero que non sexan demasiado grandes.

  • Prazo de presentación de solicitudes
    • Haberá dúas rondas de convocatorias:
      • A data límite para a primeira ronda de solicitudes é o 16 de febreiro de 2005. Os proxectos poderán empezar entre o 1 e o 30 de setembro de 2005.
      • A data límite para a segunda ronda de solicitudes é o 16 de febreiro de 2006. Os proxectos poderán empezar entre o 1 e o 30 de setembro de 2006.
  • Lugar de presentación de solicitudes

  •  
    Comisión Europea
    Courier DG EMPL (Spa 3-00/CAD)
    VP/2004/017
    B -1049 Bruxelas

  • Centros de información comunitarios: Poderá obterse máis información poñéndose en contacto coa Comisión Europea da seguinte maneira:

  •   Fax:(32-2)296 59 89
    Correo electrónico: empl-article6MC@cec.eu.int

  • Xestión do artigo 6 

    European Commission
    DG Employment & Social Affairs
    Unit C/4 ESF Article 6
    Office : B-7 2/42
    B-1049 Brussels

    Offices: Rue Belliard 7

    Fax: +32 (0)2 296 59 89
    Email: empl-article6@cec.eu.int
     
  • Documento de publicaciónDOUE C 292/63 do 30.11.2004

  • Guía informativa e formulario de solicitude
  • Artigo 6 do Fondo Social Europeo 

  • Convocatoria ligada aos programas: Medidas innovadoras en virtude do artigo 6 do Regulamento do Fondo Social Europeo; FSE

  • Liña orzamentaria: 04.02.10