|
Galego / Castellano |
carta de
servizos
contacto
|
De conformidade cos artigos 7 e 21 do Regulamento (CE) número 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, polo que se establecen disposicións xerais sobre os Fondos Estruturais, e co artigo 6 do Regulamento (CE) número 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional,o devandito Fondo deberá contribuír ao desenvolvemento da Cooperación Territorial Europeo e en particular da cooperación transfronteiriza, transnacional e interrexional destinada a fomentar un desenvolvemento harmonioso, equilibrado e sostíbel do conxunto do territorio europeo. Neste contexto normativo, o Reino de España e a República de Portugal presentaron o Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, para o período 2007-2013, que foi aprobado pola Comisión Europea mediante Decisión C(2007) 5165, con data do 25 de outubro de 2007. A Comisión Europea aprobou unha axuda FEDER para o Programa de 267.405.976 euros para o período 2007-2007. O Comité de Seguimento do Programa acordou na súa reunión do 24 de xaneiro de 2008 convocar e publicar unha convocatoria para a presentación de proxectos, así mesmo, acordou que a devandita convocatoria terá un carácter conxunto e único para todo o Programa. Así, o Comité de Seguimento decide: Artigo 1. Obxecto Esta convocatoria para a presentación de proxectos ten por obxecto promover a participación no Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, en adiante designado por Programa, establecendo as condicións e as bases para a obtención de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) en réxime de concorrencia competitiva. As actuacións previstas na presente convocatoria estarán sometidas ás disposicións da normativa comunitaria relativa aos Fondos Estruturais e do Programa Operativo aprobado pola Comisión Europea. Artigo 2. Ámbito de aplicación 2.1 Ámbito territorial As axudas contidas na presente convocatoria serán de aplicación nas zonas
fronteirizas elixibles sinaladas no Programa: 2.2 Ámbito temporal Nesta convocatoria o prazo de execución dos proxectos terminará o 31 de decembro de 2010. Os proxectos de carácter “estruturante”, de infraestruturas públicas ou asimilables, así como os que polas súas características específicas o requiran e así se xustifíque debidamente, poderán ser presentados para a selección cun horizonte de execución máis amplo có da presente convocatoria, cun límite máximo de 31 de decembro de 2011. Artigo 3. Dotación financeira A axuda FEDER asignada a esta convocatoria ascende a unha cantidade máxima
de 151.306.169 euros correspondentes ao valor dispoñible das anualidades
programadas para os eixes operacionais do Programa ata 2010. As cantidades
máximas asignadas ás prioridades do Programa serán as seguintes: 1. Cooperación e xestión conxunta para o fomento da competitividade
e promoción do emprego: Artigo 4. Requisitos dos proxectos Os proxectos deberán cumprir as orientacións do Programa, especialmente:
Artigo 5. Beneficiarios O Programa está aberto a financiar proxectos cuxo gasto teña o carácter de “gasto público”, así como gastos de similar natureza, no sentido descrito no artigo 2, apartado 5 do Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006. O gasto dos beneficiarios de carácter nacional, rexional ou local, deberá ter a consideración de gasto público, de acordo co precepto do parágrafo anterior. Todos os proxectos haberán de estar liderados por un beneficiario principal ou “Xefe de Fila”, o cal será responsable financeira e xuridicamente da globalidade do proxecto fronte á Autoridade de Xestión do Programa, asegurando a correcta xestión deste. Artigo 6. Presentación de solicitudes e documentación Os proxectos presentaranse polo beneficiario principal na súa lingua, na sede do Secretariado Técnico Conxunto do Programa, situada en Badaxoz. R/ Luis Álvarez Lencero 3 Andar 3ª, oficina 13 06011 Badaxoz Correo electrónico: stc@poctep.es Presentaranse obrigatoriamente en soporte informático (correo electrónico, CD-rom ou diskette) e en soporte papel. As solicitudes incluirán os seguintes documentos: 1º O “Formulario de Candidatura” debidamente cuberto e documentos anexos
de acordo co formato normalizado. Artigo 7. Tramitación das solicitudes Os proxectos presentados serán sometidos a unha verificación preliminar do cumprimento dos requisitos formais necesarios para a recepción e avaliación do proxecto. No caso de que a solicitude non reúna os requisitos de admisión esixidos requiriráselles aos solicitantes para que, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte á recepción da notificación, corrixan a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, teráselle desistido do seu pedimento, en cuxo caso ditarase e notificará a correspondente resolución. A valoración e selección dos proxectos levarase a cabo polo Secretariado Técnico Conxunto, os Comités de Área Territorial e o Comité de Xestión previstos no Programa. Valoraranse en función do grao de cumprimento dos criterios de selección aprobados polo Comité de Seguimento, cunha atención especial ao impacto do proxecto na zona raiana. O nivel de execución e participación dos socios nos proxectos desenvolvidos no precedente programa INTERREG III A terá efectos nos criterios de selección dos proxectos. Unha vez finalizado o proceso de selección, os órganos de xestión do Programa, notificarán por escrito aos Xefes de Filas dos proxectos o resultado do proceso. O prazo para a adopción e notificación destas resolucións será antes do 31 de decembro de 2008. Artigo 8. Prazos O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria será o
comprendido entre 8 de febreiro de 2008 e o 15 de abril de 2008. Para
os proxectos referidos no cuarto parágrafo do artigo 4, relativos ás prioridades
estratéxicas integradas definidas para cada Área de Cooperación pola comisión
Mixta de Cooperación Transfronteiriza, o prazo de presentación de candidaturas
rematará o 30 de xuño de 2008.
|