| |
-
Descrición e
obxectivos: Esta convocatoria ten por obxecto promover
a participación en accións de cooperación transfronteiriza no
marco do POCTEP, establecendo as condicións e as bases para a
obtención de axudas do FEDER en réxime de concorrencia competitiva.
-
Ámbito de aplicación:
As axudas contidas na presente convocatoria serán de aplicación
nas seguintes zonas fronteirizas:
- As NUT III de Ourense, Pontevedra, Zamora, Salamanca, Cáceres,
Badaxoz e Huelva.
- As NUT III de Lima Minho-Lima, Cávado, Alto Tras-os-Montes,
Douro, Beira Interior Norte, Beira Interior Sul, Alto Alentejo,
Alentejo Central, Baixo Alentejo e Algarve.
Excepcionalmente, en casos xustificados poderase conceder financiamento
para medidas desenvolvidas nas NUT III adxacentes ás fronteirizas,
e en Portugal na Rexión NUT II Centro.
-
Áreas de cooperación:
O Programa está organizado en cinco Áreas de Cooperación de carácter
territorial que recollen os obxectivos e estratexias de cooperación
transfronteiriza das cinco subrexións xeográficas que articulan
o espazo fronteirizo:
- Galicia/Norte de Portugal
- Norte de Portugal/Castela e León
- Castela e León/Centro de Portugal
- Centro de Portugal/Estremadura/Alentejo
- Alentejo/Algarve/Andalucía
-
Beneficiarios:
Poden participar neste Programa: os servizos da Administración
Xeral do Estado; os servizos descentralizados da Administración
Xeral do Estado; os entes públicos empresariais; as sociedades
estatais; as empresas de capital mixtas e concesionarias do
Estado; as Comunidades Autónomas; as Comisións de Coordinación
e Desenvolvemento Rexional; as Agrupacións Europeas de Cooperación
Territorial (AECT); as empresas públicas rexionais; as Deputacións
provinciais; os concellos e autarquías locais; as entidades
supramunicipais; as asociacións de municipios; as empresas públicas
municipais e supramunicipais; as asociacións socioeconómicas
e socioprofesionais; as asociacións e axencias de desenvolvemento
local e rexional; as fundacións públicas, privadas e mixtas;
as institucións universitarias e de ensino superior; outras
entidades con fins públicos ou de interese social; outros axentes
públicos que se adecúen aos obxectivos do Programa; e
outros organismos previstos no Tratado de Valencia subscrito
entre España e Portugal.
-
Requisitos dos proxectos:
Os proxectos deberán cumprir as orientacións do Programa, especialmente:
- Contar con, polo menos, dous beneficiarios, un de cada Estado,
que deberán cooperar de polo menos dúas das seguintes
maneiras no que respecta a cada operación: concepción conxunta,
execución conxunta, persoal en común e financiamento conxunto.
- Ter carácter transfronteirizo.
- Encadrarse nun dos eixes prioritarios do POCTEP.
- Ser compatibles coas políticas nacionais e comunitarias.
- Contribuír obxectivamente ao desenvolvemento das rexións
e, en particular, das zonas elixibles definidas no POCTEP.
- Demostrar capacidade para a mobilización das contrapartidas
nacionais mediante a achega de as correspondentes cartas de
compromiso, así como para a execución das actividades.
-
Orzamento:
A axuda FEDER asignada a esta convocatoria ascende a unha cantidade
máxima de 125.552.643 euros. As cantidades máximas asginadas
a cada eixe prioritario do Programa para a cooperación e xestión
conxunta de accións son as seguintes:
- Fomento da competitividade e promoción do emprego: 42.405.880
euros.
- Medio natural, patrimonio e prevención de riscos: 40.348.785
euros.
- Ordenación do territorio e accesibilidades: 29.591.835 euros.
- Integración socioeconómica e institucional: 13.206.143 euros.
A porcentaxe máxima de cofinanciamento FEDER queda establecida
no 75% do custo elixible dos proxectos.
-
Prazo de presentación
das solicitudes: O prazo para a presentación de solicitudes
desta convocatoria será o comprendido entre o 1 de marzo de
2010 e o 31 de maio de 2010.
Para as AECT en proceso de constitución que presenten candidaturas
no eixe prioritario 4 (integración socioeconómica e institucional),
o prazo de presentación de solicitudes concluirá o 30 de setembro
de 2010.
-
Lugar de presentación
das solicitudes: Os proxectos presentaranos o Beneficiario
Principal na súa lingua, na sede do Secretariado Técnico
Conxunto (STC) do Programa, situada en:
R/ Luis Álvarez Lencero 3, Planta 3ª, oficina 13
06011 Badaxoz (España)
stc@poctep.eu
|
As solicitudes enviaranse obrigatoriamente en soporte informático,
a través do correo electrónico, e tamén en soporte papel.
- Centro de información: Se
ten calquera dúbida relativa á segunda convocatoria ou con respecto
ao propio Programa Operativo, visite a páxina Web do POCTEP ou póñase
en contacto con:
Secretariado Técnico Conxunto
R / Luis Álvarez Lencero 3, Planta 3ª, oficina 13
06011 Badaxoz (España)
Telf:
+34 924 205 958 Fax: +34 924 222 816 stc@poctep.eu
www.poctep.eu |
|